O pasado venres 16 de novembro tivemos
no estudio de Radio Filispim a Chencho, o encargado do proxecto
"Dando la lata", quen nos falou un pouco sobre o que hai
detrás destes diseños tan orixinais.
Por outro lado tamén contamos coa
participación de Lidia unha das compoñentes do proxecto "Semente
Trasancos" a cal foi a encargada de explicar en que consiste o
proxecto e como podemos colaborar no crowfounding para conseguir o
obxectivo de "Semente Trasancos Primaria".
Dende aquí queremos agradecerlle aos
dous a súa participación. Foi un auténtico pracer.
Temas que soaron:
-Telefonía: Jorge Drexler
-La cultura es la sonrisa: León Gieco
-Dança das moscas: Caxade
-Semente de vencer: SES
Nenhum comentário:
Postar um comentário