Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

21 outubro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO nº 24


Luns 15 outubro 2018
Sintonía e presentación que Roberto Taboada fai de Thibuilt Nacan e Aureli Lemoine, artistas franceses que percorren as costas facendo encontros populares coas xentes dos distintos portos para convivir e presentar a súa arte. Estarán en Canido o vindeiro domingo.

En Polo correo do Vento, Rafa fai presentación da vindeira programación de Muíño do Vento. Dende este mesmo correo mandamos saúdos, en forma de canción, para traballadores e traballadoras de Ados.

Xustiza ou Caridade foi o tema desenvolto por Rafa Aguirrebengoa en Outra Información é posible.

Francisco López, Fran, presenta a súa declaración en Vivo, penso e declaro.
Continuando coa Ecoloxía do cotián, Camilo Casal argumenta a necesidade do aforro enerxético no fogar. Hai que ter conta do uso de calquera aparello que consuma enerxía ( lavadora, lavalouzas… ) e racionalizar o seu uso que dun xeito correcto vai en beneficio propio e do medio ambiente.

Das Wander e saúde para camiñar.


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails