UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº15. Luns 23 abril 2018.
Sintonía,
presentación de participantes no programa e paso a Roberto Taboada coa súa
sección Noticias do Barrio Alto.
Información sobre a Intrabarrial e os preparativos da festa Dos Maios.
Rafa Aguirrebengoa
en Outra información é posible amosou
información relativa a situación económica, social e política de Portugal. Nun
segundo tema a información volveu xirar arredor das Pensións.
Con motivo do
aniversario de Muíño do Vento, Carmen Cuesta, Presidenta, lembrou o percorrido
da Asociación: dende o nacemento ata o día de hoxe, expoñendo os obxectivos, os
traballos, as relación co tecido asociativo, as publicacións, o futuro de Muíño
do Vento….Avaliación e saúdo fraternal e solidario dende Muíño a persoas e
Asociacións.
No tema do día
estiveron convidados Jorge Mirancos e Antón Cortizas. Debate arredor de
Portugal e Galicia, de Portugaliza, de outras posíbeis formulacións da
realidade arredor da raia. Vivencias
persoais a unha e outra banda do Miño, lingua, historia, novas formulacións… E o 25 de Abril
nas lembranzas dos convidados.
Despedida emotiva con Grândola Vila morena e
José Afonso.
Nenhum comentário:
Postar um comentário