Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

25 abril, 2018

Ábrete de orellas, CCXXVII, 23-abril-2018

Coa ledicia de ser finalista por segunda vez nos Premios Martín Códax de Músicos ao Vivo gravo unha nova edición radiofónica no estudio de Rádio FilispiM.

As novidades discográficas do país abren e pechan unha listaxe que tamén adica un bloco de tres cancións a artistas participantes no Galegote Rock 2018. Por mor da visita da veteranísima Sheila Jordan recuperamos o seu álbum mítico de 1963 e tamén un clásico da brasileira Adriana Calcanhotto, que regresa a Galiza anos despois. Canda elas, unha novísima artista á que debemos seguir: Marem Ladsun.

A gozar das cancións!
     
      • Baiuca "Brétema"
      • Mercedes Peón "MK"
      • Adriana Calcanhotto "Esquadros"
      • Sheila Jordan "I'm a Fool to Want You"
      • Marem Ladsun "Shades of Blue"
      • Os amigos dos músicos "Alalá ao sol"
      • Voodoo "Carmiña"
      • Espiño "Ovni sobre o Val do Dubra"
      • 2uS "Baile de máscaras"
      • Rodrigo Romaní "Preguiza"
      • Brais Morán "Cando imos para ese lugar"
      Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

      Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

      Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

      Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
      Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
      A Kalimera Rádio Livre
      Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
      radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
      Radio Piratona, varios días e horarios
      Radio Fedello os xoves

      e tamén polas radios municipais
      Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
      Radio Negreira, martes ás 14:30 h. 
       e
      PontevedraViva.com os martes ás 21 h.

      Nenhum comentário:

      Related Posts with Thumbnails