UNHA TARDE NO MUÍÑO
Roberto
Taboada, Presidente da Asociación Veciñal, presentou as Noticias do Barrio Alto-Canido.
Informacións relativas aos contactos mantidos cos comerciantes do Barrio cara a
constitución dunha Asociación. Información
relativa á Reunión Interbarrial e ás novas actividades espalladas xa no Aviso á
veciñanza nº 7.
Rafa
Aguirrebengoa centrou a sección Outra
información é posible arredor de dous bloques temáticos; un primeiro tema
foi a Situación da Sanidade Pública e
un segundo tema a Renda Básica Universal.
Na
sección Vivo, penso e declaro tivemos
como convidada a Tere Leira. Lembranza do seu Esteiro da nenez e descrición
dunha nova vida en Canido onde actualmente vive, seguido de desexos e reivindicacións
para un barrio humanizado e con futuro.
No
Tema do día, Situación medioambiental da
comarca de Ferrol, participaron Xan Lopes e Miguel Anxo González
representando a ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), insignia
de ouro Ferrol 2017. Exposición da actual situación da Ría e os múltiples
factores que levaron á degradada situación actual ( verteduras, recheos, planta
de gas, pontes que fan de barreiras para o tránsito das augas, peche exterior…).
Exposición sobre o estado dos nosos bosques e a ILP. Exposición das necesarias medidas
sobre a xestión de residuos. Exposición do necesario cambio no uso do transporte.
Remate con chamamento á necesaria participación cidadán no movemento
ecoloxista.
Nas montañas de Galicia, sinfonía nº 2 de Andrés Gaos e peche de emisión.
Nenhum comentário:
Postar um comentário