UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº 9. Luns 22 xaneiro 2018.

Rafa
Aguirrebengoa presentou Outra información
é posible. Desenvolvendo temas como o tratamento dado aos emigrantes nos
centros de acollida, o xuízo a sindicalistas por defender a Sanidade Pública, a
confluencia privatizadora das distintas propostas dadas dende o poder para as
pensións…
Vivo, penso e declaro foi a nova sección presentada por Chelo Carballal. Repaso
vital e exposición de necesidades para a mellora do barrio, do País, …do Mundo
no que tocou vivir. Trámite de Solicitude e proposta de resolución a quen
corresponda.
No
Tema do día, estivo presente a
Doutora Carmen Diego Roza, Xefa da sección de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario
Universitario de Ferrol, Insignia de ouro Ferrol 2017. Problemática
do amianto nos estaleiros de Ferrol foi
o tema desenvolto. Dende a practica clínica, a incidencia e número de
traballadores afectados polo amianto, evolución das enfermidades, sintomatoloxía,
razón da alta incidencia destas enfermidades en Ferrol, problemas da presencia
do amianto actualmente… e a actuación en demanda de dereitos unha vez detectada
a enfermidade.
Remate
do programa escoitando o Himno dos Mineiros interpretado pola agrupación alentexana
Alencanto.
Nenhum comentário:
Postar um comentário