Xa están dispoñibles os primeiros podcasts do novo programa da grella de Radio Filispim: Cancións para días de chuvia, presentado por Miki Staccat Dora.
Lembra que emitimos ao vivo os mércores de 8 a 9 do serán.
Aquí están os últimos programas, listos para baixar e disfrutar!! surf a gogo!!
A partir de agora tentaremos publicalos dun en un, perdoade o atracón!!
- Programa nº10, adicado na primeira parte ao grupo holandés The Outsiders; e a segunda parte aos Sunrays e outras bandas na órbita dos Beach Boys: Hondells, David Marks..
- Programa nº9, adicado a Davie Allan and the Arrows, Mike Curb e as bandas sonoras que fixeron para a A.I.P.: Wild Angels, Born Losers, Wild in the streets..
- Programa nº8, repasamolo primeiro LP de The Ventures: Walk don't run, aproveitando para mergullarnos nas raíces do grupo e súas influencias. Tamén escoitamos ás bandas de Seattle La Luz e Tacocat.
- Programa nº7, adicado ao Felipop, co motivo da publicación do cartel para a edición de 2016. Lembraremos algúns dos concertos e bandas mais destacados nos 18 anos de historia deste festival que se celebra anualmente en Limodre, Fene (A Coruña).
- Programa nº6, adicado a José Luis Armenteros, recentemente falecido, músico e un dos principais compositores de pop españois. Lembraremolas suas composicións, xunto con Pablo Herrero, dos éxitos de Formula V e o grupo de rock instrumental Los Relámpagos.
- Programa nº5,adicado ao compositor, músico, cantante e produtor Ritchie Cordell.
Nenhum comentário:
Postar um comentário