Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

16 junho, 2016

Disquetoca nº11. Especial Paco "Rufus" con Fran Iglesias (10.VI.2016)


Este venres pasado contamos cun novo colaborador, Fran Iglesias, que de cando en vez pasará polo noso estudio para traernos algúns dos seus arquivos rescatados do pasado.

Para esta ocasión preparounos un programa moi especial:
Unha homenaxe a Paco "Rufus", unha persoa que adicou toda a súa vida á música e que tivo moito que ver na efervescencia que vivíu Cedeira nos anos 90 en canto a bandas e locais se refire. 

Fran achéganos algunhas das súas grabacións da época e trae ao noso programa a grupos que de seguro vos soarán: Os Reboiras, Os Maruxa, Studebakers, Los Contentos e moitos mais.. 

Tamén adicamos uns minutiños do noso espazo a entrevistar vía telefónica a Borja, compoñente de "Comandante Lobo", unha nova banda da nosa cidade que fai a súa presentación este sábado 11 de Xuño, na Sala Super 8.

Se vos perdíchedes o programa en directo, non deixedes de escoitar o podcast! 

Apresentan: Tania Kasmasan e Ana Lucecú en Radio Filispím, 93.9fm.

Um comentário:

Fernando Iglesias disse...

Grande o noso Paco. Sempre o lembraremos.

Fernando Reboiras

Related Posts with Thumbnails