Hoxe celebramos o noso programa número 10!!! Imos lentas pero seguras!! :P
A partires das 18h pasarán polo noso estudio membr@s de "Patio de Butacas", unha asociación de recente creación para a recuperación de espazos culturais, e que ten coma obxectivo actual recaudar fondos para recuperar e rehabiliar o emblemático cine Adriano de Barallobre (en Fene).
Hoxe están de inauguración e nos contarán en que vai consistir o FIESTRARTE, unha actividade na que se expoñerán 18 obras de pintores colaboradores nas fiestras deste marabilloso cine.
Tamén contactaremos vía telefónica coa xente de "Familia Caamagno" que este sábado 7 pasarán pola nosa cidade para tocar na Sala Super 8. Un concerto que non vos podedes perder!
E xa na recta final teremos a visita do noso compañeiro e amigo Pepe Cunha que ven de ser premiado cun "Martín Códax da Música" pola súa labor como responsable da web ABRETEDEORELLAS.
Contaranos como é o seu traballo neste medio e cómo viviu a experiencia de participar nesta última edición dun dos premios musicais mais importantes do noso país.
Apresentan: Tania Kasmasan e Ana Lucecú
Nenhum comentário:
Postar um comentário