Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC



26 fevereiro, 2016

Rádio FilispiM Vai.. a Estación de Bioloxía Mariña da Graña. Este venres ás 11:00 am, ao vivo na Casa da Estrela.


O Colectivo Opaii! continúa neste 2016 co ciclo "FilispiM Vai...", levando as equipas técnicas e humanas da radio libre e comunitaria aos centros de interés da nosa bisbarra. Así, este venres 26 de febreiro a partir das 11:00 am. estarán na Estación de Bioloxía Mariña de A Graña. O obxectivo, coñecer de primeira man que acontece neste centro de investigación pertencente a USC e tomar o pulso ao fermoso bairro ferrolá, ao través da voz da súa veciñanza. O acceso é libre.

Durante o programa especial actuará Alberto Knox

A gravación do programa especial poderá disfrutarse coma público ao vivo na Casa da Estrela este venres ás 11 da mañá. A emisión en diferido será en Rádio FilispiM, 93.9 FM o sábado entre as 19:00 e 21:00 h. e  xoves de madrugada, entre a partir da 01:00 h Ao través deste blog poderá ouvirse en streaming para todo o planeta.

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

Audio promo evento

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails