Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 julho, 2015

Off Mental - programa 74 (Especial Durutti Column, 4ª parte)

Vini Reilly (Durutti Column)

Edición nº 74 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Cuarto achegamento a Durutti Column, banda post-punk xurdida en Mánchester en 1978, e ao seu principal baluarte, Vini Reilly. A formación ligada estreitamente ao Factory Records, tamén publicou as súas obras ao través do selo belga Les Disques du Crépuscule. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén de novas tendencias.

A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/.

Músicas:
  • When the world -version- (CD. Red Shoes. Materiali Sonori, 1992).
  • The next time (CD. Sex and Death, Factory Too, 1993).
  • Guitar for mother (CD. Fidelity. Les Disques du Crèpuscule, 1996).
  • Kiss of def -remix- (tema extra reedición en CD de Obey the Time, 1998).
  • Pigeon (CD. Time Was Gigantic... When we were kids. Factory Too, 1998).
  • Sing to me (CD. Time Was Gigantic... When we were kids. Factory Too, 1998).
  • Requiem for my mother (CD. Someone Else´s Party. Artful Records, 2003).
  • Guitar Woman (CD. Tempus Fugit. Kooky Disc, 2004).
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails