Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

05 junho, 2015

Escarnio! Selectividade: outra forma de restrinxir o dereito a estudar


Este xoves 4 de xuño chegou un novo programa de Escarnio! a Radio Filispim. Desta volta, a unha semana escasa dunha importante data para moitos e moitas estudantes, analizamos as probas da selectividade. Debatimos sobre cómo condicionan estos exames aos nosos estudos e o noso futuro académico e profesional, entre outras cuestións do tema.

Contamos tamén cunha nutrida información local, comezando coa folga das traballadoras de Los Telares, coas que fixemos unha conexión telefónica en directo. Entre outras cousas, no eido internacional informaremos da campaña de solidariedade cos traballadores turcos detidos o pasado 1º de maio, e a recollida de firmas que podedes atopar no seguinte enlace: http://hukumsuzdur.net/index-es.php

Non perdades tampouco as propostas que vos traemos para a nosa Sección Cultural, e lembrade que podedes participar a través do Twitter @Escarnioradio



Escoita, participa e súmate ao Escarnio!

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails