
Este xoves 23 de abril chegou un novo programa de Escarnio! a Radiofilispim. Xa podedes escoitar un programa centrado na situación que atravesa a Sanidade Pública na nosa comarca, en medio desta voráxine de recortes a todos os niveis. E para coñecelo de primeira man, contamos coa presenza dun traballador do Sergas, Delegado sindical durante varios anos e implicado nas loitas pola defensa da nosa sanidade.
Tamén contamos coas nosas seccións habituais, os Partes de Guerra, e a nosa Sección Cultural. Nesta última traémosvos a Belén Gopegui, Michael Moore e Non Servium.
Non o perdades!
Escoita, participa e súmate ao Escarnio!
Nenhum comentário:
Postar um comentário