O pasado 10 de outubro de 2014, organizada pola Marchas de Dignidade de Ferrolterra, tivo lugar no Ateneo Ferrolán unha palestra sobre a negociación do Acordo Transatlántico de libre comercio, máis coñecido coma TTIP, que están a negociar en secreto EEUU, Canadá e a UE.
Un Tratado que de asinarse por parte do Estado Español,
seguindo as directrices das corporacións que dirixen dende a sombra a
negociación, suporía unha catástrofe no noso país en materias fundamentais coma
a saúde, a alimentación, o mediambiente e a economía, cuxos beneficios serían
para as multinacionais ao criar o maior área libre de aranceis do mundo, a volta
de torca definitiva do sistema neoliberal ao estado social a soberanía dos
estados en materia de seguridade no traballo, cambios na lexislación laboral, ou
mesmo a posibilidade de que as multinacionais podan demandar aos estados
asinantes con cifras millonarias. O que fai temer o peor, é o acceso limitado á
documentación das negociacións de dito tratado, que moitas forzas políticas e
organización sociais definen coma “escuro”, “clandestino”, “beneficioso” para
as multinacionaise prexudicial para a soberanía dos estados da UE.
No transcurso da charla-debate interviron a secretaria xeral
do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalva, e o médico e portavoz da
Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín. Escoitamos un estracto daquela charla que pronto poderemos
ouvir íntegra no tempo de programas especiais da Rádio FilispiM.
Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria que emite dende Ferrol.
Nenhum comentário:
Postar um comentário