Este sábado 7 de febreiro de 2015 a partir das 7 do serán, o Colectivo Opaii! volve ao Ateneo Ferrolán, cunha nova edición do ciclo "FilispiM vai ...", nesta ocasión adicada ao aniversario da principal actividade do Colectivo Opaii!, a Rádio FilispiM.
"FilispiM vai... cumprir 10 anos".
Durante a gravación do programa de radio lembraranse os alicerces do proxecto, falarase do presente e do futuro. Ademaís, haberá música ao vivo da man da banda ferrolá Weather Underground (pop/rock) e o dúo Indio & Lidia Pinheiro (sons brasileiros).
No transcorrer da festa de aniversario, apresentaranse as novas camisolas e chapas, conmemorativas do 10 aniversario, realizadas para a ocasión en unidades limitadas. A entrada é de balde.
Programa de actos conmemorativo do 10º aniversario das emisión da Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Durante este 2015, levaranse a cabo outros actos conmemorativos, coma un Ciclo de Cinema adicado as radios libres e comunitarias; retomarase o festival Conspirando por Unha Radio Libre (en xoves "santo"), unha Exposición dos 10 anos da FilispiM e, mesmo, unhas Xornadas de Medios Libres. A práctica totalidade deste actos celebraranse no Ateneo Ferrolán, pola súa complicidade e vinculación fundacional co proxecto da activación da primeira radio libre e comunitaria (terceiro sector) da Terra de Trasancos.
Seguiremos informando... Ficades tod@s convidad@s.
Cunha promo:
Cunha promo:
Nenhum comentário:
Postar um comentário