O fin do veto a construcción civil en Navantia, chegou polo Nadal.
O fin do veto á construción civil de Navantia chegou tarde, cuns estaleiros fóra de xogo do duro mercado internacional, coas gruas paradas e cunha boa parte da man de obra formando parte das listas de desemprego. A pesar da esperanza que xera a posibilidade de que as antiguas Astano e Bazán poidan volver a construcción civil e do "navideño" anuncio do vicepresidente da Comisión Europea (CE) e responsable de Competencia, Joaquín Almunia, a sensación entre o cadro de persoal é que se trata unicamente dunha medida de distracción...
Mais, que aconteu dende aquel primer veto, hai trinta anos, até hoxe? (...) -escoita o audio-
O fin da veto a construcción civil chegou polo Nadal. Dende os Informativos de Rádio FilispiM, animamos aos Xestores mediocres do público a marchar, para que a oportunicade de volver a producir e ser competitivos se poida materializar dende xa.
Informou o Pequeno Monstro para libre e comunitaria de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM
Nenhum comentário:
Postar um comentário