Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

11 dezembro, 2014

Escarnio! Novo programa coas traballadoras de Cleanet


Este xoves chegou a Radio Filispim unha nova emisión en directo de Escarnio! O programa quincenal de análise e actualidade política.

Desta volta contamos cunha entrevista telefónica en directo a unha traballadora de Cleanet, desde a acampada que manteñen no Arsenal. Tocanos escarnecer ao Ministerio de Defensa e á empresa encargada da limpeza do Arsenal de Ferrol, que leva varios meses sen pagar ás súas traballadoras. Coñecemos de primeira man a rica experiencia da folga indefinida que levan mantendo durante máis dun mes.

Falamos tamén do comité de benvida a Alberto Núñez Feijoo, que ía asistir á entrega de premios ao "Joven empresario de Galicia" (a pesares de que finalmente non se dignou a aparecer).

Non perdades tampouco as nosas seccións habituáis dos Partes de Guerra (os informativos dende a liña de fronte) e a Sección Cultural.



Lembrade que podedes participar en directo de 18 a 19 a través do teléfono da radio (981 37 10 40) ou o twitter @EscarnioRadio.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails