Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

12 dezembro, 2014

Amarra o teu Futuro, este sábado 13 de decembro, cadea humana en As Pías.

A CIG chama a participación este sábado 13 de decembro  na acción “Amarra o teu Futuro”.
Dous barcos de porespán serán "botados" ao ár mediante globos dende pontos opostos da Ponte das Pías. Unha vez no auga atoparanse no medio da Ponte, mentres unha cadea humana atravesa a vía que une Fene e Ferrol, ás dúas beiras da Ría que acollen os estaleiros públicos galegos.
Esta é a descripción do acto central que a CIG vai desenvolver este sábado, 13 de decembro, en demanda de medidas políticas urxentes para paliar a situación de emerxencia social que padece Ferrolterra.

Dende o sindicato galego, fan un chamamento público a participar masivamente no acto. Para iso, convidan as persoas participantes a reunirse antes das doce do mediodía do sábado 13 de decembro en dous únicos puntos: a gasolineira que hai na entrada da ponte vindo dende Ferrol e na explanada de San Valentín para as persoas que se acheguen dende Fene. Dende eses dous puntos irase despregando a cadea humana até atoparse no medio da ponte das Pías, lugar onde se realizará o acto central da acción “Amarra o teu Futuro".
Nos informativos locais de Rádio Filispim ouvimos de seguido o audio, elaborado polo sindicato galego CIG, convidando a participar nesta orixinal iniciativa reivindicativa o sábado 13 de decembro a partir das 12:00 h.
Para os informativos locais da libre de Ferrol, informou Ana Lucecú, Antía Cortiças e o Pequeno Monstro.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails