Extracto da entrevista realizada a Xaquín García Sinde, enxeñeiro técnico e integrante de CC.OO. (sector crítico) quen foi vetado polo CNI (Centro Nacional de Inteligencia español) na libre circulación polas instalacións de Navantia, ao serlle denegada a "Habilitación de Personal de Seguridad" (HPS) que tiña solicitada. García Sinde traballa nos asteleiros de Navantia-Ferrol dende hai 34 anos, e nunca foi amonestado nin expedientado, non ten antecedentes penais e nen sequer foi detido. Según a normativa vixente, a acreditación HPS pódese denegar a quen "demostrou, de obra ou palabra, falta de honradez, deslealdade, falta de fiabilidade, non ser de confianza ou indiscreción".
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Fonte do audio: programa O Recuncho (mércores, 22/10/2014).
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário