Rádio FilispiM cumprirá este curso radiofónico que comeza, 2014/2015, 10 anos facendo rádio libre e comunitaria na comarca.
Rádio FilispiM é a principal actividade do Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación da Información Independente). Unha radio sen ánimo de lucro, autoxestionada, sen patrocinadores, que non emite publicidade, enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na ReGARLIC [Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias] e na ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios].
Rádio FilispiM, cumprirá 10 anos de emisións ininterrompidas en agosto de 2015, sen que os fundamentos da súa activación teñan mudado; 10 anos nos que foron amplificadas as voces de centos de persoas, colectivos e asociacións da nosa comarca.
Aberto o prazo para presentación de novas propostas.
Rádio FilispiM aproveita esta nova grella para visualizar a súa actividade e convidar a todas as persoas a interesarse e participar no proxecto. As persoas, Colectivos ou Asociacións interesadas deberán enviar comunicación ao correo electrónico: filispina@gmail. com. No apartado “Quen Somos?” do noso blog [http://opaii.blogspot.com], atópase o ideario fundacional do Colectivo Opaíí!.
Áulas de técnicas de radiodifusión básicas e Actos do 10 aniversario.
Durante os vindeiros días Rádio FilispiM levará a cabo áulas de formación básica co obxecto de ensinar técnicas de radiodifusión básicas aos futuros responsábeis dos programas. Ademaís, a Asemblea do Colectivo Opaíí!, comezará a perfilar os Actos para a celebración do 10 aniversario das emisións ininterrompidas da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Ferrol, 9 de setembro de 2014
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM
Rádio FilispiM aproveita esta nova grella para visualizar a súa actividade e convidar a todas as persoas a interesarse e participar no proxecto. As persoas, Colectivos ou Asociacións interesadas deberán enviar comunicación ao correo electrónico: filispina@gmail.
Áulas de técnicas de radiodifusión básicas e Actos do 10 aniversario.
Durante os vindeiros días Rádio FilispiM levará a cabo áulas de formación básica co obxecto de ensinar técnicas de radiodifusión básicas aos futuros responsábeis dos programas. Ademaís, a Asemblea do Colectivo Opaíí!, comezará a perfilar os Actos para a celebración do 10 aniversario das emisións ininterrompidas da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Ferrol, 9 de setembro de 2014
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM
Informativos de Rádio FilispiM
Nenhum comentário:
Postar um comentário