Este venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, acontecerá a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.
Durante tres horas realizaremos un programa de radio en vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, avaliarán o curso radiofónico que vén de findar.
Ademáis, por vez primeira, Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock, punk, o pop, ska, folk, fusión, a música disco... e todos os estilos musicais que enchen a grella da Filispim, protagonizarán este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.
Como non podía ser menos, non faltará a rica cervexa, saboroso calimotxo, e refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos pinchos!!!. Ademáis, durante o programa especial realizanse sorteo de camisolas filispininas!!.
As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Este venres, de 8 a 11 da noite, na Traseira do Mercado de Caranza, pásate pola radio libre e tómate algo, golf@!.
Nenhum comentário:
Postar um comentário