Dende o Colectivo Opaíí!–Rádio FiispiM manifestamos a nosa solidariedade co noso compañeiro Carlos e difundimos este comunicado.
Ante o expediente aberto pola Dirección do IES Breamo de Pontedeume, a instancias da Inspección da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia, previa denuncia do entorno da organización “Galicia Bilingüe”, manifestamos a nosa solidariedade con Carlos, alumno do centro e, ademáis, integrante do Colectivo Opaíi!–Rádio FilispiM de Ferrol.
Carlos é un rapaz esperto, implicado socialmente, coma corresponde a un mozo da súa idade e, ademáis, preparado para asumir responsabelmente a condución dun programa de radio, como ten amosado durante estes últimos tres anos, sorprendendo ao conxunto do Colectivo coa súa capacidade comunicadora e bon facer na radio comunitaria, pese a súa minoría de idade.
Coma compañeir@s e coñecedor@s de Carlos, non podemos calar ante a actitude ruín e delatoria da organización “Galicia Bilingüe”, que aínda que minoritaria e marxinal nos seus obxectivos, vén de amosar grande capacidade de influencia no colectivo e no público. Tanto, que sorpréndenos a resposta da Equipa directiva do centro público IES de Breamo de Pontedeume, mesmo da Inspección Educativa da Consellaría de Educación, ao secundar a actitude delatoria do entorno de "Galicia Bilingüe" logo dunha denuncia anónima, que non merece outra cualificación que de covarde e irresponsábel, xa que Carlos é menor de idade e ista esaxerada situación pódelle ocasionar un dano persoal e academico irreparábel. Lamentábel o papel da organización "Galicia Bilingue", pretendidamente constituida por persoas adultas e responsábeis, cuxos integrantes din, paradoxalmente, reclamar a liberdade.
Cremos que as instancias Educativas que decidiron entrar no xogo sucio desa organización, deberan estar por riba de actitudes delatorias propias do pasado máis aberrante e solventar con intelixencia, altura e sobre todo sentido común, calquer interferencia sobre normal convicencia académica, mais aínda tratándose dun mozo menor de idade cuxo único “delicto” é ser novo, idealista e activo socialmente, características que, en todo caso, deberán ser postas en valor nesta coxuntura social na que constantemente nos alertamos canto ao desapego da mocidade das cuestións sociais e comunitarias.
A vida pública, a vida escolar, o día a día de mozos e mozas non pode verse alterado polas denuncias de grupos, lexítimos na súa constitución, mais minoritarios, residuais, que en modo algún representan o sentir maioritario da cidadanía. Grupúsculos que ademáis, semella, andan a utilizar técnicas propias de sociedades totalitarias e ailladas, donde “os bos cidadáns” deixan caer denuncias anónimas coa certeza de que pronto serán atendidas pola inquisición.
Dende o Colectivo Opaii!–Rádio FilispiM, facemos un chamado urxente ao conxunto da Comunidade Educativa do IES de Breamo, a equipa Directiva do centro e a Inspección Educativa a non constituirse na nova "inquisición" e a ARQUIVAR DEFINITIVAMENTE o inxusto expediente aberto a Carlos. Convidámolos a analisar o papel de cada quen neste “rebumbio”. Convidámolos a reflexionar, dende unha posición de altura, coma profesionais do Ensino público que son, sobre o que está a acontecer. Estamos convencidas de que así o farán. Polo contra, estariamos ante a re-instalación do medo nos centros de ensino públicos que se presupoñen cheos de vida, de mozos e mozas en periodo de formación con inquedanzas e pensamentos diversos, como parte da sociedade democrática mesma.
Ferrol, 02 de xuño de 2014.
Ferrol, 02 de xuño de 2014.
O Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM
2 comentários:
E digo eu, que din os os pais e nais dos alumnos e alumnas MENORES de IDADE ós que se lles sacou na foto, foto que foi publicada en rede social e diversos periódicos/revistas? Contouse cos permisos necesarios? Están o corrente? Paréme cando menos temerario!
A Fiscalía debe andar noutros temas... pero seguro que actúa, estamos nun Estado de dereito.
Postar um comentário