Madrid, 22 de Marzo de 2014, Marchas da Dignidade. |
Especial Informativos Locais, Marchas da Dignidade, 22M
Mentres os mass-media do Estado español silenciaban, unha vez máis, o que ía acontecer na xornada do 22 de Marzo de 2014, os medios libres e comunitarios organizaban a contra-información.
A "Red Más Voces" e "Ágora Sol Radio" amplificaron, cos seus respeitivos especias, o que aconteceu ao redor do 22M. Pola súa banda, Rádio FilispiM, a radio libre e comunitária de Ferrolterra, tomou contacto coas persoas da nosa comarca que ían camiño de Madrid, para sumar dignidade e completar co local a información que nos chegaba dende as radios libres de Madrid.
Emitido en directo o sábado 22 de Marzo de 2014 entre as 12:30 e 14:00 h, dende o estudo de Caranza-Ferrol, o especial Informativo de Rádio FilispiM, 22M, tomou contacto cos veciños e veciñas de Ferrolterra que daquela viaxaban en trens, autocarros e autos particulares cara Madrid...
Redacción Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol / GZ).
Nenhum comentário:
Postar um comentário