Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]26 fevereiro, 2014
Ferrol mobilízase de cara as Marchas da Dignidade do 22 de Marzo en Madrid.
O 22 de Marzo van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Hai un apoio moi importante do movemento sindical e político alternativo e anticapitalista e dos movimentos sociais.
En Caranza, coma noutros bairros de Ferrol, Galiza ou o Estado, vén de constituirse unha Columna que está a fomentar a participación nas Marchas da Dignidade que confluirán o 22 de Marzo de 2014 en Madrid. Estes días no estudio de Rádio FilispiM, dentro do espazo Divertimento para pequenos monstros, estiveron André e Daniel que explicaron o porqué desta columna "caranzeira".
Informou o Pequeno Monstro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos de Rádio FilispiM)
+ info:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
http://marchasdeladignidad.org/
facebook: https://www.facebook.com/groups/265451853621237/?fref=ts
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário