Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

18 novembro, 2013

Novas Locais. Os praceiros e praceiras de Pontedeume armados de dignidade fronte ao desaloxo.


Os praceiros e praceiras de Pontedeume foron desaloxados pola forza na mañanciña deste luns 18 de novembro de 2013 por efectivos da Garda Civil, logo de dúas semanas de feche no Mercado, esixindo claridade ao Alcalde da vila, canto a situación de provisionalidade na que ficarán tras o feche da nave para a substitución da súa cuberta. Incógnitas que non foron desveladas e si agrandadas coa intervención das "forzas de orde".

Aos poucos minutos do desaloxo, foron centos as mensaxes de indignación, raiva e impotencia que encheron as redes sociais. Delas, eliximos tres, que semallan coincidir na "oscuridade" da acción:

"Están desalojando de la manera más cobarde, como son ellos COBARDES, a las 6:20 de la mañana y como si fuesen los GEOS corriendo en sigilo alrededor de la plaza para rodearla...".

"Que pena ver como entran con cascos y chalecos antibalas, traían el ARIETE para romper la puerta; por consejo de los municipales, que dijeron llamar a la puerta que es gente pacífica y os abren sin destrozar nada, así fue pero la supuesta orden que traían nos la pasaron por delante sin dejar leer. En la linea del Sr. Alcalde. Si esto es legal yo quiero que alguien me lo explique...".

"Este es el diálogo del Sr. Alcalde. Nocturnidad y alevosía. No llegaron ni a leer ni a dejar leer la supuesta orden...".

Durante toda esta semana diferentes espazos de Rádio FilispiM, 93.9 FM, a radio libre de Ferrolterra (Divertimento, Ponte en Galego...) cubriron o que estaba a acontecer, dando voz directa aos praceiros e praceiras. Nesta audio rescatamos un anaco da última emisión do programa "Ponte en Galego", realizado pola Equipa de Normalización Ligüística do I.E.S. Breamo de Pontedeume, reportaxe editada horas antes de acontecer iste triste episodio protagonizado por Torrente, o Alcalde de Pontedeume integrante do dereitista Partido Popular.

Última hora!!!: Concentración iste luns 18 de novembro a partir das 21:30 h. na Praza do Concello de Pontedeume en apoio aos praceiros e praceiras.



Informou o Pequeno Monstro, para Rádio FilispiM

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails