A autodenominada Asociación de Veciños do Centro vén de advertir que, nalgunhas ocasións, as actividades que eles programan no edificio do Ateneo cadran en tempo e espazo coas que programa o propio Ateneo. Ademáis, denuncian que aparecen armarios con útis de limpeza fechados con chave e que no Ateneo "ponen la radio a todo volumen y no podemos dar clases, porque el ruido es ensordecedor". Por outra banda, denuncian que o ascensor que os leva ao segundo andar, onde teñen o seu espazo, non funciona e que segue a haber goteiras, cuestións que xa coñecen dende o mes de maio o Alcalde e concelleiros responsábeis, sen que se dera solución.
O pasado 18 de outono de 2013 Rádio FilispiM estreou un novo espazo o "FilispiM Vai...", que como non podía ser menos, arrincou dende o Salón de Actos do edificio do Ateneo Ferrolán. En directo, durante dúas horas, falouse coas persoas que dan vida a centenaria entidade da rúa Madalena. Recollemos algúns dos momentos nos que o Presidente do Ateneo, Ramón Veloso e unha das traballadoras, Cristina, de administración, comentaban a peculiar situación na que se atopa o Ateneo tras a ocupación da súa sede por parte doutras asociacións, previa traición do actual goberno do Concello de Ferrol, en mans da maioría absoluta do dereitista PP.
Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário