Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

17 setembro, 2013

Novas Locais. Todo o que hai que saber da nova programación da Rádio FilispiM, 2013-2014

Xa está aquí a nova programación de Rádio FilispiM. Con ela a redacción dos Informativos filispinianos se pón en marcha e nos resume neste audio, todo o que debemos saber da nova grelha 2013/2014. 

* Os horarios de emisións dos programas en Rádio FilispiM, 93.9 FM, os atoparás na imaxe da grelha ao pé deste blog. Ista grelha está viva...

A propostas de PRODUZÓN PROPIA xa coñecidas coma: 
- O Recuncho. Magazine do Colectivo Fuco Buxán. Con José Torregrosa, Lorena Calaza, Fernando Ocampo e Victor G. Novás.
- A Fábrica de Lus. Monográficos, con Miguel Reimundez, Maceiras e... 
- Ponte en Galego. Realizado pola equipa de Normalización Lingüística do IES Breamo de Pontedeume.
- Sonido Emergente. Música independiente, con Fran Pérez.
- Dálle que dálle nas ondas. Comunidade educativa do C.R.A. Esquío de Lago (Valdoviño).
- O Pinchacarneiro. Comunidade terapéutica de Asfedro.
- Baixo Lupa. Monográficos, con Iago Montes.
- Música Surf y Medioambiente. Con Vicente e Cristina Irisarri.
- Divertimento para pequenos monstros. Magazine con Ana Santiago "Lucecú" e André "Pequeno Monstro".
- Sin Fronteras. Emigración e DD.HH. Con Susana Alaniz e Pablo Melaski.

- Espacio Infinito. Misterio. Con Andrés Sanesteban e Victor Vergara.
- O Programa do Colectivo Opaíi!. O que pasa no Coletivo Opaii!, con Cholo Mtnez. Ces, Iago Montes e todo o Colectivo Opaii!.
- Programas Especiais de Rádio FilispiM. Cubrindo as mobilizacións e loitas da nosa comarca. Conduce o Colectivo Opaíí!
- Informativos Locais de Rádio FilispiM. A información local, con Miguel Castro e André "Pequeno Monstro" (grupo aberto).

... se suman coma novidades:
- Mundo DZ. Actualidade musical galega, con Iván Sanjurjo, DZ.
- Ábretedeorellas. Actualidade musical galega, con Pepe Cunha (proposta pte. de avaliar pola Asemblea).

Sen esquecer os programas de PRODUZÓN ALLEA, que enriquecen a grelha filispiniana:
- Retroevolución. A música futura de onte e de hoxe, con Eduardo Garcia "Chorbyradio".
- Baja Frecuencia. A música de vangarda con Josep Maria Soler "Stahlfabrik".

Off Mental. A cara "B" da música na cara "B" da radio, con André "Pequeno Monstro". 
- Mundofonías. As músicas do mundo con Araceli Tzigane e Juan Antonio Vázquez.

80 Vinilos/h A música estatal dos 80´s, con André "Pequeno Monstro".
- Ondas do Cárcere (Cuac FM, A Coruña)
- Disimulen (Cuac FM, A Coruña)
- Programas de Rádio Kalimera (Compostela), seleccionados da súa produzón.
- Africanía. Un programa da Fundación Sur.
- La Otra Cara de África. Un mini espazo da Fundación Sur.

- Pensamiento 3. Pensamento libertario da man de Agustín García Calvo (programas orixinalmente emitidos Radio 3-RNE, na segunda metade dos 80´s).

- Toma la Tierra. Un programa independente en defensa da Terra.
- Pánico en el Núcleo. O mundo do software libre contado con humor.
- Mil Voces. A actualidade de latinoamérica dende Radio Mundo Real Uruguay.
- Informativo Más Voces. Boletíns informativos realizados pola URCM en colaboración coa ReMC.
- Informativo Democracy Now. A actualidade internacional contada por Amy Goodman e a súa equipa.
- Informativo Cerna. O informativo de ecoloxía e medio ambiente realizado por ADEGA.

... se suman as novidades:
La Casa Incendiada. Un magazine contrainformativo de Radio ELA, libre de Madrid.
La Enrededera. Un magazine contrainformativo de Radio Topo, libre de Zaragoza.


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails