Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

20 abril, 2013

Manuel Rivas: Que ande a roda! Hai que pasar polo mundo vivindo intensamente


Nesta nova edición do Ponte en Galego! Carlos Mosqueira e Antonio Lozano entrevistan ao escritor Manuel Rivas, quen estivo en Pontedeume para presentar o seu novo libro As voces baixas.
Sara Rodríguez e Sergio Ríos reproduciron o diálogo gañador na categoría de 3º e 4º de ESO do concurso Tíralle da Lingua na primeira fase celebrada no IES Breamo. Alba e Delia falaron sobre o dito popular ‘San Marcos, auga nos charcos’. Presentouse en antena o IV Concurso de Microrrelatos do IES Breamo. Carlos Mosqueira falounos das novidades sobre o próximo Feirón Medieval de Pontedeume e Laura anunciounos a súa investigación sobre un prato típico de Pontedeume: a costrada




Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails