1º Campionato Mundial de Pesca de Neumático na Malata (Ría de Ferrol).
Este domingo día 24 de Febreiro ás 9:00 da mañá na enseada da Malata, terá lugar unha acción de limpeza desa zona do litoral da Ría de Ferrol, organizada por "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", un colectivo de cidadáns concienciados co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, asi como por cidadáns que se atopan en situación de desemprego (que non parados) que pretenden facer visíbel a grave situación que están a pasar.
Con esta e con todas as Accións que están a levar a cabo, pretenden:
- Denunciar ao Concello de Ferrol e as empresas contratadas para o mantemento destes servizos, polo desleixo e mal estado dos espazos públicos.
- Paralizar a obra por valor de 916.000 € prevista por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e un despilfarro. Demandan que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego en contratos de media xornada, en función dá carga familiar ou precariedade na que se poidan atopar.
- Visualizar a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o Estado.
- Converterse nun ponto de converxencia social, para todos os cidadáns que se sinten afectados polo desleixo tanto do Goberno Central, Autonómico e Local, para lograr entre todos un entendimento, toma de acordos e decisións para a realización de accións directas.
Ir a descargar
Redacción Informativos RFM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário