Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

14 dezembro, 2012

DIVERTIMENTO - Ateneo Ferrolán - VendesevendeFerrol - Parador de Turismo [13/12/2012]

Edificio do Ateneo Ferrolán.
R/ Madalena, 202 -Ferrol
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9FM [xoves 13/12/2012]. Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.


Contiúdos:

- Conexión cos traballadores do ATENEO FERROLÁN, que na manhá deste xoves entraron na súa sede da R/Madalena, pese aos impedientos do Concello de Ferrol e depregraron unha grande faixa. Animan a todos a pasarse pola súa sede e comprobar que ben quedou todo [a partir do minuto10].

- Conexión coa Área da Muller da Asoc. FUCO BUXÁN, ante o DEBATE SINDICAL que tivo lugar este  xoves  na súa sede en Caranza [CCOO, UGT, CIG, USTG, CNT]. Ao telefone, Susana Alaniz [a partir do m. 39].

- VENDESEVENDEFERROL. 2ª edición deste mercadiño alternativo de segunda mao, artesanía local e actividades paralelas. Sábado 15 de decembro en Canido. No estudio Laura Cunha e Cintia [a partir do m. 29].

- PARADOR DE TURISMO. Ante o anuncio do seu feche e despedimento do seu cadro de persoal. No estudio, Ana Rodríguez e Yolanda Galdo, traballadoras e representantes sindicais [a partir do m. 55].

- AXENDA DIVERTIMENTO, recomendacións de concertos na comarca [a partir do m. 90].



Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta "Divertimento"].

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails