Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

13 fevereiro, 2012

Programa do Colectivo 10/02/12

Desta vez participan no programa Iago e Cholo. Contidos:

- Movilizacións do naval ferrolano con audio de "Divertimento para pequenos monstros"

-Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrolterra e Rede de Apoio Mutuo.

- Concentración convocada en Ferrol pola Plataforma en Defensa do Aforro Público.

- En Vigo, centenares de personas afectadas por tóxicos bancarios tentan tomala sede de NovaGalicia Banco.

- Escoitamos a Ras Bao nun freestyle no programa "Ferrolterrap".

- A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública movilízase demandando a construcción do novo centro de saúde en Ares.

- A CIG convoca folga xeral para fins de marzo, mentres os empregados públicos de Galicia se enfrontan á política de recortes.

- Novo plan de acuicultura da Xunta.

- Coñecemos ó XA en audio do "Pinchacarneiro".

- Escoitámolo trailer de "Escuros, roncos e compasados", o novo documental sobre o Death Metal galego.

- En canto ó Estado Español, falamos da inhabilitación a Garzón, da reforma laboral e do 15-M, que veñen de presentar o "Informativo Indignados", amais do manifesto d@s xóves.

- En internacional, sobre Grecia, A POASY esixe o arresto da troyka; e falamos da manipulación mediática en Siria; acompañados con audios de Silvio Rodríguez provintes de "En Tránsito".



Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails