Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

17 dezembro, 2011

Colectivos de Ferrol e comarca convocan un acto en apoio ao Comité LAZOS pro-solidariedade. Sábado 17/12/2011


As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.


Sábado 17 de decembro de 2011, a partir das 11:00 h.
Música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervirá: Carlos Varela Fernández [Pte.LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol]
Micrófono Aberto.
Programa en directo de Rádio FilispiM, 93.9 FM -> http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n


A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade
[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar]
comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/

Audio cunha elaborada por Rádio FilispiM: 


Descargar

7 comentários:

Inácio disse...

Moito Obrigados por ponher-nos que argallamos. É dizer que argalhar significa:

"Confundir, embrollar verdades, palabras o conceptos"

"Falar ou dicir con mentiras sobre mentiras, sen verdade, etc"

"É moi usado ese verbo en Galicia e significa facer pouco ou nada, e iso mal, dando a entender, segundo o bulli bulli e movementos de argadillo, que trae a persoa, que se fai algo de sustancia. Así, argallar máis significa enredar que traballar; e en segunda significación ao que trama enredos e tece chismes chaman argallador"

"Charlatanear, falar ao aire, dicir disparates, necedades e cousas que só serven para ocupar tempo sen substancia"

"Mentir, disparatar, andar como argadillo para diante e pa [sic] atrás"

"Embrollar, enredar e meter á calquera nun lio ó envurullo de malas consecuencias; mentir descaradamente; andar á todos lados como argadillo e sen conciencia do que fai".

"Organizar festas de escasa importancia, improvisar xúbilos populares, armar diversións bulliciosas".

E nom sigo poreque já estou chorando !!

Inácio

80 Vinilos/h disse...

Certo! Cambiámolo agora mesmo. Agardo que non faga falla dicir que non foi intención de ningúen darlle a esa palabra todos eses significados que ben dis, mais por si acaso, aquí queda esta constancia. E deixa de chorar, por favor.

Miguel Castro disse...

Os erros se cometen cando fanse as cousas, mais penso que nunca debe de ser o asunto principal a valorar. Na miña opinión o primeiro a valorar é o traballo feito e coma aquí ocorre, totalmente desinteresado.
Eu non poría peros a un acto de solidariedade coma este, onde o fin é recaudar fondos e dar a coñecer a problemática do Colectivo Lazos.
Quizáis o feito de facer a cunha a presa pra darlle a maior difusión posible ao acto fose a causa, aínda que penso que ninguén entendeu que se quería "Confundir, embrollar verdades, palabras o conceptos", e menos cando se fai dende un dos colectivos convocantes. Un saúdo.

Inácio disse...

Tendes razom, o que foi um momento de contrariedade pola palavra utilizada, nom se pode converter numha crítica ao acto. Desde logo nom era a minha intençom. Desculpade. Tendes razom o comentário asi entendido é injusto e está fora de lugar.Por mim borrádeo.

Inácio.

Rádio FilispiM disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Miguel Castro disse...

Nada Inácio, o sábado o asunto é disfrutar dun acto que penso que vai por bo camiño e que vai axudar a coñecernos moita xente que convivimos nesta cidade mais moitas veces non coñecemos as nosas problemáticas de primeira man.
Un saúdo.

ANDRÉ C. PASTOR (Pequeno Monstro) disse...

Desculpas aceitadas, de verdade que non me cadrabas ti nese papel.
Unha aperta Inacio.

Related Posts with Thumbnails