Unha concentración en rexeitamento á intervención armada de Occidente en Libia, co lema:
"NON Á GUERRA IMPERIALISTA"
A "Asamblea Popular contra a Guerra" manifesta e denuncia:
Libia: un país que posúe o 3,3% das reservas de petróleo do mundo, e que se atopa xeoestratéxicamente situado en medio de países con recentes e importantes cambios políticos, está sendo atacado por unha coalición de países ricos.
Unha vez máis, atopámonos que ante as revoltas que están a suceder nunha parte do mundo (esta vez, o Norte de África) as potencias occidentais emerxen coma xuices do planeta e, abanderados por Estados Unidos, co Premio Nóbel da Paz á súa cabeza, optan optan por exercer o control sobre estes levantamentos para así defender os seus propios intereses.
O método: a intervención armada. A excusa que elexiuse deixa ver a hipocresía dos gobernos que a promoven: a axuda humanitaria. Nunca se viu que a maneira de protexer aos civís sexa bombardeando ao pobo.
Unha segunda guerra líbrase actualmente nos medios de comunicación, onde os interesados lograron unha polarización da nova, dándose a entender que se non estás a favor desta guerra "legal" estás a favor do dictador Gadaffi. A realidade non é esta.
Descargar o audio
Nenhum comentário:
Postar um comentário