Neste programa destacamos os seguintes contidos:
- Falamos con Yolanda Díaz, acerca do grave barapalo sufrido pola cidadanía coa reforma das pensións, a cal alonxa a xubilación cara os 67 anos.
- Falamos telefónicamente con Mariana, ex alumna do Colexio Estudio, centro que durante o franquismo mantivo ideales democráticos nas súas aulas herdados da Institución Libre de Enseñanza.
- Sari Alabau conta aos oíntes do Recuncho os motivos polo que nos colexios públicos de Ferrol nos se están a desenvolver as actividades extraescolares.
- No estudo de Radio Filispim: Con Enrique Barrera, profesor de secundaria, e Alberto Leira, profesor universitario falamos do sistema educativo español.
- Coma de cotiá a secións de Jose Torregrosa, "O despertar da razón", na cal recordou a figura de Carmelo Teixeiro.
- Na sección poética levada por Lorena Calaza: Ricardo Carvallho Calero.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.
Descargar o audio
Nenhum comentário:
Postar um comentário