Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC



31 outubro, 2010

Divertimento para pequenos monstros - Especial ocio e cultura en Ferrol.

Primeiro programa de Divertimento para pequenos monstros, na nova grella 2010/2011, da Rádio FilispiM, xa dende o novo local de Caranza-Ferrol.

Nesta ocasión xuntamos no estudio seis persoas:

Dúas persoas relacionadas ca xestión do ocio dende as súas sala de concertos [Rubén Coca, "Super 8" e Suso Eiroá, "Manchita Cosa"]. Unha persoa relacionada coa xestión da oferta do ocio e cultura do Concello de Ferrol [Roberto Taboada, Asesor Cultural]. Outra persoa divulgadora da oferta do ocio na nosa comarca e no noso País [Pepe Cunha, portal abretedeorellas.com]. Unha persoa humana de Ferrol [Aida] e ademáis a unha persoa extraterrestre de Italia [Paolo].

Con todos eles, cos seis, charlamos e chegamos a diversas conclusións, que só poderedes coñecer ouvindo o auido que segue:


Descargar o audio

Escoita Divertimento para pequenos monstros en Rádio FilispiM:
- Luns de 9 a 10:30 da noite.
- Sábados de 2 a 3:30 da tarde.
- Xoves de 6:30 a 8 da noite [directo!]
- Sábados de 1:30 a 3:00 da madrugada.

Máis info en http://pequenosmonstros.blogspot.com e máis en radiomonstro[arroba]gmail.com
Foto: vista aerea de Ferrol.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails