Nova edición de O souto, programa de ecoloxía e medio-ambiente de ADEGA-Trasancos en Rádio Filispim.
Nesta ocasión acompaña ao Nes, Helena Carquejeiro da SGHN [delegación de Ferrol] para falare da Serra do Courel e lermos algúns poemas dun dos fillos daquelas terras: Uxío Novoneira, a quen se lle adica este ano 2010 o Día das Letras Galegas.
Novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, programa emitido orixinalmente por Radio 3 [RNE], un 29 de setembro de 1989 e que hoxe recuperamos en Divertimento para pequenos monstros para as ondas da libre e comunitaria Rádio Filispim [Ferrol-Trasancos 93.9 FM].
Nesta ocasión, un novo pecado capital: a avaricia.
Na introdución ao tema Agustín García Calvo comenta: "Imos seguir con esta retahila que Javier [polo presentador do programa], tirou do Catecismo do pai Astetee tratar de atopar, como se ten dito, cal é a faciana política destas monsergas da relixión doutros tempos, porque unha e outra vez partimos de que a distinción entre moral e política é de por si unha mentira, por tanto non pode haber pecados privados, porque a vida privada é pública,como se sabe, e política, por tanto.
De todas formas non esquezan os ´lectores´ que a pesar de que o pai Astete puña contra os sete vicios sete virtudes que o outro día [programa] estivemos a recitar aquí, pensamos que tal vez poderiamos ser máis económicos... preferiamos que os pecados se combateran uns aos outros e así púñamos como lema o de: contra envexa soberbia, contra bula avaricia, contra ira pereza... que por suposto son dous a dous e pódense dicir do revés. De maneira que partindo deste posíbel combate dos pecados uns contra outros, imos entrar co que hoxe Javier nos ten anunciado: ese [pecado capital] chamado da avaricia...".
Nada máis ficades con este novo episodio, non sen antes remitiros a esteENLACE,donde atoparedes a versión íntegra cantada do himno da Comunidade Autónoma de Madrid [escoita ou descarga] tal e como a veño de "rescatar" dunha vella cinta de casete, agachada no meu arquivo sonoro.
A vindeira semana, máis PENSAMENTO 3, aquí onde paran os monstros.
1ª Parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:
2ª parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:
Novo episodio da Serie: Pensamento 3, hoxe adicado a o primeiro dos Pecados Capitais:A Soberbia. En sucesivos programas poderanse escoitar reflexións ao respeito dos seis restantes.
Relembrando que demos estamos a fazer nos últimos Divertimento para pequenos monstros: andamos a re-emitir en Rádio Filispim, 93.9 FM, edicións dos míticos programas de "pensamento", que cara o ano 1989 se emitiron dentro do programa Caravana de Hormigas [Radio 3, RNE].
Algúns das gravacións destes espazos teñen sido subidos a sitios na rede [Megaload ou mesmo estoutro], por xente anonima e moitas delas asinadas por un tal Jannico.
O que fazemos logo dende Divertimento é redifundir estes programas, que previamente arranxamos canto a cualidade sonora. Ao documento en si [audio] tan só engadimos unha sintonía Divertimento ao comezo e deseguido algunhas das versións do Himno da Comunidade de Madrid que puidemos atopar na mesma rede, tambén ao final das charlas, tentando emular as emisións orixinais de Pensamento 3 [os audios das charlas que há colgados na rede omiten o citado himno, supoño que por unha cuestión práctica do momento].
Xa comentei haí atrás, que a letra deste himno é do propio Agustín García Calvo e que realmente vén sendo un anti-himno, dada a súa concepción orixinal. Sobre esta cuestión, centrareime en entrada posterior, donde colgarei un interesante documento [audio], pois finalmente teño atopado a versión do himno que orixinalmente acompañaba estas charlas: a famosa versión íntegra e cantada do himno da Comunidade de Madrid e que xa incluo neste episodio.
A citada versión integra e cantada do himno da Comunidade de Madrid, atopeina finalmente no meu arquivo sonoro, agachada nunha vella cinta de casete dentro dunha gravación do referido programa. Toda ela vai ser un documento de interés, pois non está entre as difundidas na rede. Ista edición será colgada no blog de Divertimento unha vez findemos cos Pecados Capitais.
Como anedotario da gravación que vos oferecemos hoxe, numerosos ouvintes preguntan sobre a desaparición da grella do programa Caravana de Hormigasdaquela Radio 3 [setembro 1989, ver enlace prensa do momento]. En Caravana viñan emitíndose as charlas de Agustín García Calvo, os venres cara as 13:00 h. Toda vez que Caravana, desaparece da grella de Radio 3 [con polémica incluida tal e como se aprecia na gravazón] as charlas de Agustín convírtense en programa baixo o nome de Pensamento 3.
Máis nada, agardamosvos logo a vindiera semana, aquí onde paran os monstros, nun novo episodio da serie Pensamento 3. Ficades co audio do programa, non volo perdades!
Estimado@s compañeir@s, o sábado 15 de Maio, nova edición de O Recuncho.
Coma sempre, de 11 a 13 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.
Neste programa destacamos os seguintes contidos:
- Do 22 ao 27 de marzo deste ano 2010, estiveron en Ferrol dúas antropólogas catalás – Susana Narotzky e Irene Sabaté . Continuamos escoitando a entrevista que tivemos dende O Recuncho. Esta vez, fálannos do Plan Bolonia.
- Na sección poética, esta vez levada por Helga Méndez dende o estudo, directora de Bartoleta Teatro, especial Uxío Novoneira.
- Nuria Fernández Brage, directiva de Fuco Buxán, falaranos do caso “Pico Vello”.
- Xuizo aos mariscadores que intentaron deter o paso dun gaseiro no ano 2007.
- Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”. Falaranos da figura de Tino Deibe.
Nova edición do programa de ecoloxía e meio-ambiente O Souto, programa de radio da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza [ADEGA], en Rádio Filispim, 93.9 FM.
Como todas as semanas, ecolóxicamente, Nês volveu ao imnenso estudio de Rádio Filispim, para fazer unha nova edición de O Souto, o programa de ecoloxía e meio-ambiente de ADEGA-Trasancos. Para esta ocasión o Nès fálanos da celebrazón dos Maios, entre outras cuestións.
Novo episodio da serie Pensamento 3, hoxe recuperado para Rádio FilispiM por Divertimento para pequenos monstros.
Nesta ocasión Agustín García Calvo fálanos das mortes masivas, a propósito da traxedia acontecida o 15 de abril do ano de emisión do espazo [1989]: a morte por aplastamento de 96 persoas no estadio de futbol de Sheffield [Liverpool].
O propio García Calvo, na habitual introduzón ao tema, comenta o que segue:
"Imos tratar este asunto para o que a actualidade [morte masiva de expectadores no estadio de fútbol de Sheffield, abril 1989], que non é máis que a faciana que a eternidade nos ten brindado outra ocasión máis, mais nista ocasión, en troques de Madrid ao ceo [como di o himno], de Sheffield ao ceo, que para o caso é o mesmo.
En todas partes van cocendo as mesmas fabas, polo menos en todas as partes disto que chaman mundo “progresado” e desenvolvido e todo o demáis, co que sen dúbida están ligadas estas mortes masivas, que son nas que hoxe nos imos deter.
Non esquezan os ouvintes que ademáis de nas propias areas dos paises “progresados”, se produzen case cotidianamente estas mortes, que chamamos masivas, nas márxenes: por fame en Etiopía, polas pestes e guerrillas. Mais todas elas achacámolas ao mesmo sitio: aló arriba, ao ceo, ou como queira chamarse, e isas son tambén manifestacións das mortes masivas, cada unha no seu sitio. Aquí mórrese nas autoestradas por autos, nos estadios de fútbol... Aló, como non están excesivamente “progresados”, morren tambén masivamente pero en formas máis primitivas. Mais o un é o outro, aínda que iso non quere dizer esquecer a diferenza.
Temos que ser os vivos os que falemos destes mortos, posto que eles se negan pertinazmente a falar e a dar o seu testemuño, pois neste caso sería sumamente útil se falaran os que pareceron aplastados no estadio de futbol hai dúas semanas [Sheffield Stadium,15/04/1989]. Temos que falar nós, os que seguimos a padecer e ista ilusión de estarmos vivos é sen dúbida esencialmente iso: unha ilusión. Temos que ser nós os que preguntemos aos ouvintes e os ouvintes nos pregunten, quen foron os que morreron nese campo de fútbol, quen os que morren aínda máis masivamente cada fin de semana nas estradas de Deus, nas autoestradas de Deus. Por suposto que son Masa.
Estamos aquí a falar de mortes MASivas, sabemos que iso que [...] Comercio e Estado chaman masas, están necesiariamente compostos de individuos, de xeito que lonxe de negar a morte masiva, a morte individual, semella que a confirma...".
Máis nada, a vindeira semana máis aquí onde paran os monstros. Lembra que podes seguir os contidos de Divertimento en:
- Ferrol e comarca, ao través de Rádio Filispim 93.9 FM: - Xoves (quintas feiras) de 8 a 9 da noite.
- Sábados de 7 a 8 da tarde - Domingos de 10 a 11 da noite. - Martes (terzas feiras) de 2 a 3 da tarde.
- Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM: - Terzas feiras de 1 a 2 da tarde.