O quinto curso radiofónico, 2009/2010, da radio libre e comunitaria de Trasancos está a piques de comezar.
A nova programación comezará a emitirse oficialmente o xoves 1 de outubro de 2009.Rádio FilispiM, 93.9 FM, é unha radio sen ánimo de lucro integrada no terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.
PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.Para poder realizar o teu programas debes enviar a túa proposta antes do sábado 19 de setembro a
filispina@gmail.com.
Se xa es membro do colectivo
Opaíí!-Rádio Filispim, lembra que debes ter as cotas ao día, requirimento indispensabel para darlle continuidade a túa proposta radiofónica.
SESIÓN VERMÚ.Por outra banda o sábado 31 de outubro haberá unha
sesión vermú presentación da nova grella, no Ateneo Ferrolán. En breve darémoste máis información desta festa.
VINDEIRA ASEMBLEA.Por outra banda, a
vindeira asemblea preparatoria da tempada de
Rádio FilispiM, será o sábado 19 de setembro no Ateneo Ferrolán, coincidindo co fin de prazo de presentación de propostas radiofónicas e aboo de cotas pendentes.
EN REDE.Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a
colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de propostas coma Nosotras en el mundo, Mapamundi, o informativo Más Voces ou Marca Branca, entre outros moitos espazos de radios irmás de todo o mundo.
Destacar o intercambio de programas que
FilispiM de Ferrol
e
Rádio Piratona de Vigo comezaron a pasada grella, abrindo un camiño recollido no ideario da
REGARLIC,
Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, da que
Rádio FilispiM e membra xunto a
Radio Kalimera de Compostela,
Radio Clavi de Lugo,
Cuac FM de A Coruña,
Radio Piratona de Vigo e
Radio Roncudo de Corme.
Participa!!!!!