
O programa repetira-se o Domingo 7 e 14 de Xuño a partir das 17hs.
Descargar o arquivo

O venres, 5 de Xuño, haberá umha Manifestación-Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos. A saída da Manifestación-Roteiro, será ás 8 da tarde desde a Praza Amada García, diante do Edificio Administartivo da Xunta de Galicia.