Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

16 outubro, 2009

Peche do Consello Escolar no CPI Manuel Masdias de Caranza / Recortes Xunta no comedor do CPI Atios - Valdovinho.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9-NBaoWObT8ocTapnExaV4J8LfyT6nnq71YMqn37VNWUFy3wWrDZcn1Ugtb28Z2Qaszy2sGO_7P3N_FJBbF8oZ464T_F91VYImj9MXYJAYhCT8ZZ7QVEn0GK0A_JwM0KZv3MJ/s1600/RFM+Informativos.jpg


Peche do Consello Escolar do Colexio Publico Manuel Masdias de Caranza [Ferrol]

O Manuel Masdias, é o único centro público de infantil e primaria, do barrio de Caranza. Segundo o Consello Escolar, que foi quen tomou a decisión, neste curso 2009-2010, ás características dun sector do alumnado, numericamente significativo, con necesidades educativas específicas, con risco de exclusión social, que acaban de incorporarse, nalgúns casos, doutros centros da comarca, únese un recorte significativo do profesorado. Esta falta de medios está provocando que a actividade escolar non se poda desenvolver con normalidade.
Descargar o arquivo


Bocadillo solidario na escola de Atios [Valdovinho]

A comunidade educativa da Escola de Atios do Concello de Valdoviño, comezou este curso cun recorte de profesorado e 60 solicitudes de prazas para o comedor escolar sen poder ser atendidas.
Todos os xoves veñen realizando unha concentración. A do pasado Xoves 8 de Outubro, consistiu en compartir un bocadillo, tanto o alumnado que conseguiu praza no comedor, como o que non a obtivo.
Descargar o arquivo

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails