Pesquisar neste blog

17 setembro, 2009

Programa Especial VII FERVESTEIRO, Ferrol.

Por mór da VII edición do festival autoxestionario FERVESTEIRO, Rádio FilispiM 93.9FM, realizou un programa especial que agora podes ouvir ou descarregar ao través deste enlace. Ademáis, a FilispiM pasarao en diferido o vindeiro domingo a partir das 5 do serán.

Podes atopar o programa de actividades completo do VII FERVESTEIRO neste enlace: www.fervesteiro.org

Descargar o arquivo

09 setembro, 2009

Comeza a quinta tempada de Rádio FilispiM, 93.9 FM.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9-NBaoWObT8ocTapnExaV4J8LfyT6nnq71YMqn37VNWUFy3wWrDZcn1Ugtb28Z2Qaszy2sGO_7P3N_FJBbF8oZ464T_F91VYImj9MXYJAYhCT8ZZ7QVEn0GK0A_JwM0KZv3MJ/s1600/RFM+Informativos.jpg

Rádio FilispiM, abre o prazo de presentación de propostas de programas
para o curso 2009/2010.


O quinto curso radiofónico, 2009/2010, da radio libre e comunitaria de Trasancos está a piques de comezar. A nova programación comezará a emitirse oficialmente o xoves 1 de outubro de 2009.

Rádio FilispiM, 93.9 FM, é unha radio sen ánimo de lucro integrada no terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.

PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.
Para poder realizar o teu programas debes enviar a túa proposta antes do sábado 19 de setembro a filispina@gmail.com.

Se xa es membro do colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, lembra que debes ter as cotas ao día, requirimento indispensabel para darlle continuidade a túa proposta radiofónica.

SESIÓN VERMÚ.
Por outra banda o sábado 31 de outubro haberá unha sesión vermú presentación da nova grella, no Ateneo Ferrolán. En breve darémoste máis información desta festa.

VINDEIRA ASEMBLEA.
Por outra banda, a vindeira asemblea preparatoria da tempada de Rádio FilispiM, será o sábado 19 de setembro no Ateneo Ferrolán, coincidindo co fin de prazo de presentación de propostas radiofónicas e aboo de cotas pendentes.

EN REDE.
Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de propostas coma Nosotras en el mundo, Mapamundi, o informativo Más Voces ou Marca Branca, entre outros moitos espazos de radios irmás de todo o mundo.

Destacar o intercambio de programas que FilispiM de Ferrol e Rádio Piratona de Vigo comezaron a pasada grella, abrindo un camiño recollido no ideario da REGARLIC, Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, da que Rádio FilispiM e membra xunto a Radio Kalimera de Compostela, Radio Clavi de Lugo, Cuac FM de A Coruña, Radio Piratona de Vigo e Radio Roncudo de Corme.

Participa!!!!!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]