Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

29 outubro, 2008

O Colectivo Opaíí! apresenta a nova programación de Rádio FilispiM nunha nova Sesión Vermú

Rádio Filispim, vén de principiar a súa cuarta tempada radiofónica nas ondas da comarca e co fin de apresentar á nova grella, o "Colectivo Opaíí!" organiza, en colaboración co Ateneo Ferrolán, unha nova sesión Vermú.

No transcurso da mesma, os radialistas da "Filispina" apresentarán as diversas propostas radiofónicas que acolle a nova tempada filispiniana.
Ademáis haberá pinchos para todas e todos os asistentes, que poderán acompañar cun estupendo vermú.
Como toda sesión vermú que se preze haberá música en directo da man da formación folk Alén de Ancos. ( http://myspace.com/alendeancos )

Continúan coma en anteriores tempadas, os programas Spanglish, Divertimento para pequenos monstros, Vamos Andar ou Vozes Reveldes . Como principais novidades da nova grella destacamos a incorporación dos colectivos Fuco Buxán (programa O Recuncho) e o propio Ateneo Ferrolan (programa Atenea). Tamén se incorporan novas propostas de produzón allea, coma Mapamundi, e mesmo a continuidade de Cuba Información, Africanía ou Nosotras en el Mundo.

Outra das novidades desta tempada é a incorporación á radio de propostas realizadas por outras radios libres de Galiza, integradas na REGARLIC (Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, que integran Radio Kalimera, Radio Corme, Radio Clavi, Cuac FM, Rádio Piratona e a propia Rádio FilispiM). Deste xeito, a Filispina emite xa dous programas producidos por Rádio Piratona de Vigo ("Crestas e Imperdíbles" e "Moito de Akí"). O conxunto da grella pódese consultar no blog do colectivo: http://www.opaii.blogspot.com

Como radio de acción social, Rádio FilsipiM, posúe os seus espazos de contrainformación e redifunde informativos producidos por outras produtoras e radios do mundo do terceiro sector (Radio Mundo Real, Más Voces da URCM, Democracy Now, Diagonal ou Informativo de Amnistia Internacional...)

A Sesión Vermú, será retransmitida en directo por Rádio FilispiM, no 93.9 da FM, nun programa radial que se desenvolverá desde as 12:00 do mediodía até as 15:00 da tarde, polo que os/as asistentes poderán ver como se realiza un programa radiofónico en rigoroso directo, dende o set de radio que instalará a "Filispina".

A entrada á actividade é de balde.

Escoita a Cunha!!



Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails