Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 outubro, 2008

Moito de Aquí, um programa da Piratona agora também em FilispiM

[moito+de+aqui.jpg]

"Moito de aquí..." é un programa adicado á divulgación de grupos galegos enmarcados no ámbito do Hip Hop, principalmente rap, pero tamén tendo certa importancia o r&b, o soul, o funk, o reggae, o jazz... O obxectivo do programa é promocionar os grupos galegos destes estilos dende o punto de vista máis maqueteiro ate o máis profesional.

Ademáis, no programa tamén se fai oco ás últimas novas, tanto de Galicia coma de fóra, así coma os concertos que teñan lugar no noso país. Tamén contamos cunha sección de entrevistas onde en cada programa entrevistaremos a un artista galego englobado dentro da cultura Hip Hop.

O método de difusión da música é ben sinxelo, nós tan só somos os intermediarios, sodes vós os que facedes o programa. Se queredes sonar en "Moito de Aquí..." tan só é necesario enviar o teu material a o noso mail.

Así mesmo neste enderezo estaremos a vosa disposición para calqueira tipo de dúbida.

Gracias pola vosa atención e un saúdo.
Moito de Aquí e Pouco de Alá, RAP por Galicia e para Galicia.

Moito de Aquí, emítese em Rádio FilispiM 93.9FM:
Luns: 11:00hs. - 12:00hs.
Mércores: 21:00hs. - 22:00hs.
Venres: 16:00hs. - 17:00hs.

Consulta a nossa Grelha

O mail de Moito de Aquí:


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails