Un novo centro social xurde en A Coruña (GZ), dende o sinceiro, pero tamén dende o arriscado. Unha okupación dun local abandonado á libre especulación é xa o contedor dunha chea de propostas alternativas argalladas polo colectivo A Cultura Pre oKupa. O programa Divertimento para pequenos monstros, Rádio FilispiM, 93.9FM (Ferrol-Trasancos-GZ), entrevistou a un dos integrantes da asemblea deste colectivo.
Dende o pasado venres 14 de abril de 2008 a cidade de A Coruña, posúe un novo centro social: O Laboratorio social okupado. Resultado da okupación do nº 14 do barrio das Atochas-Monte Alto. O colectivo A Cultura Pre oKupa é o responsábel desta acción, un grupo amplo de persoas, tando en idade como en adscripción.
Dende o seu blog, www.aculturapreokupa.blogaliza.org, difunden o día a día desta apaixoante aventura. Eles falan de que lles preocupa a realidade social e cultural da súa cidade en xeral, o do seu barrio en particular. Cren no traballo en común, dende abaixo, e cuestionan unhas institucións que non saben nin -semella- queren dar solución aos problemas de espazo que sofre a cidade de A Coruña. Espazos culturais, pero da cultura dende abaixo, non tutelada nen patrocinada. Espazos políticos, canto a participación activa da xente nova. Espazos, finalmente, fisicos, canto a imposibilidade de acceso á vivenda no individual pero tamén, canto a xestión de espazos públicos, colectivos.
A Cultura Pre oKupa, pretende ser un revulsivo social. Un impulso colectivo. Pretende tomar e recuperar un espazo en continuado desuso para activalo mediante multiples actividades culturais e sociais. A Cultura Pre oKupa, é un espazo físico e un territorio social aberto ao barrio e a cidade. Habita un espazo concreto pero escede dese lugar. É un proceso político, social e cultural. Un movimento que subvirte a realidade para construir aquí e agora, momentos acorde cos desexos e necesidades da comunidade humana que habitan.
Web relacionada: A cultura preoKupa (A Coruña-GZ)
Nenhum comentário:
Postar um comentário