Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

30 março, 2008

Comunicado POST-CONSPIRATORIO


COMUNICADO POST-CONSPIRATORIO do COLECTIVO OPAII -
- Rádio FilispiM 93.9FM.

O Colectivo Opaii! - RFM, quere co presente comunicado agradecer a resposta á convocatoria da 5ª edición do Conspirando por unha radio libre, do pasado xoves 20 de marzo de 2008.


Agradecemos a participación dos colectivos de base da comarca na Feira de Colectivos: Marcha Mundial das Mulleres, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Cometa, Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como aos diversos artesáns que encheron coas súas diversas propostas a carpa instalada na pista polideportiva do Inferniño.

Agradecemos especialmente a colaboración, polo seu apoio totalmente desinteresado, do colectivo Fervesteiro e Asociacións Culturais, DZINE e Irmandiño de Moeche, que foron quen de aportarnos experiencia, apoio técnico e humán, para poder afrontar o noso primeiro (dos cinco) festivais ao ár libre.

-->Agradecemos a entrega dos grupos musicais locais: The Sweat e Ta´Crack, que tocaron e trunfaron na noite, de xeito totalmente desinteresado.

Agradecemos a asistencia dos centos de persoas que ao longo da tarde, noite e madrugada, pasaron pola nosa carpa, interesad@s nas propostas que amosaban os colectivos instalados na Feira de Colectivos, primeiro e, xa á noite, disfrutaron coa música dos grupos: Dakidarría, The Sweat e Ta´Crack. Unhas cincocentas persoas chegaron a concentrarse baixo a carpa instalada para a ocasión na praza do Inferniño, en Ferrol, mais, estimamos que perto dun milleiro puideron pasar durante toda a xornada do Conspirando. En todo caso, todo indica que, esta ten sido a edición que máis xente ten convocado.

Finalmente, nos congratulamos de ter sido partícipes activos desta quinta edición, que ten sido, tan especial pra tod@s nós.

Findamos este comunicado cunha petición e unha convocatoria.

A petición: de terdes tirado fotos ou gravados vídeos, achegádenolos, precisamos documentar o Conspirando, como FilispiM
-->manda. Podedes enviar todos eses documentos gráficos á filispina@gmail.com

A convocatoria: este domingo 30 de marzo a partir das 5 da tarde ao través de Rádio Filispi M, 93.9FM, lembraremos os mellores momentos do V Conspirando, coa re-difusión do programa especial, que realizamos o mesmo xoves 20 de marzo, dende o estudio de Rádio FilispiM, con múltiples conexións en directo dende a praza do Inferniño e a participación de muitos dos colectivos participantes no Feira de Colectivos.

Emplazámosvos a tod@s a achegarnos os comentarios e suxerencias que estimedes (abaixo, no sitio habilitado) pra poder mellorar a vindeira edición do Conspirando que, se ninguén nolo impide, volverá a ser no lugar que semella temos achado como máis axeitado as nosas propostas: o inferno.
--> Opaii!!!!

Um comentário:

Anônimo disse...

Deixa akí os teus comentarios... como viches a pasada 5ª edición do festival?
Como gostarías que fora a vindeira edición?
Exprésate a todo filispim!

Related Posts with Thumbnails