Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

10 março, 2017

"Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán

Cunha PROMO da "Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán.


Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO. Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.

Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
  1. 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37']
    Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida.

  2. O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28']
    Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo.

  3. Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34']
    Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.
Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.


FilispiM Vai... á Libraría Rosetta 17-02-2017



O pasado venres 17 de febreiro de 2017 ás 18:00 h. tivo lugar unha nova edición do "FilispiM Vai", unha iniciativa do colectivo Opaii-Rádio FilispiM para achegar esta emisora libre e comunitaria da comarca de Trasancos a distintos centros educativos, entidades sociais e puntos culturais da súa contorna.
Desta vez gravouse o programa ao vivo na Librería Rosetta, sita no número 69 da Rúa Magdalena, coa participación de xente de editoras, librarías, historiadoras, coleccionistas ... e a música ao vivo dos Weather Undergrund.


08 março, 2017

Programa 12 de Directo de Esquerdas (07-03-2017)


Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe entrevistamos a Guillermo Días do Sindicato de Estudantes de Ferrol e Xaquín Garcia Sinde, activista político militante do sector crítico de CCOO - Gañemos CCOO.Com Celso Posada e Jorge Mirancos na Radio Filispim ( Radio Livre e Comunitária de Trasancos) na 93.9 FM todos os martes de 21:30 a 22:30h.

06 março, 2017

Programa 78 de Sons Revela2 (03-03-2017)

No último programa de Sons Revela2 fixemos unha selección musical con diferentes temas dos artistas que pasarán pola nosa cidade durante os próximos meses do 2017 para presentar o seu traballo a través dos diferentes ciclos ou concertos. 


Agardamos que vos guste! 

Temas que soaron: 

Marlango: Dame la razón
Nik West: Forbidden Fruit
Daniel Martin Moore: Anyway
Kroke: Rythm (Kukurba/ Grochot)
Glen Hansard: Love Don't Leave Me Waiting
Salif Keita: Nou pas bouger
The Huntertones: Camptown Races
Madeline Peyroux: Tango Till Theyre Sore
David Regueiro Swingtet: It had to be you
The Soul Jacket: People
Las lollipos: Creep


03 março, 2017

Ábrete de orellas, CLXVI, 27-febreiro-2017

Abro a edición desta semana cun bloco adicado ao compañeiro de aventuras filispinianas Pequeno Monstro con 3 cancións sobre a nai.
O resto do programa é un repaso en cancións a algúns dos moitos concertos inminentes no país e algunha novidade.





  • Rodrigo Leao & Cinema Ensemble "A mae"
  • Florence and The Machine "Mother"
  • Sés "Se non podo ir onde ti estás"
  • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre "Maneo de Vilaño"
  • Brais Morán "Os pensamentos da estrada"
  • Josh Hoyer & Soul Colosssal "Running From Love"
  • Helena Goch "Ahora tú"
  • Marlango "Un día sin ti"
  • Guadi Galego "Vas cara arriba"
  • Villanueva "El día del equilibrista"
  • Dayna Kurtz "These Were the Days"
  • Juno & Darrell "Kalimba Beat"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Velaquí os horarios de emisión:

Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Cuac FM: mércores 9:00 h. e venres ás 15h.
A Kalimera: martes 12:00 h.
Radio Roncudo: martes 17:00 h.
Onda Neria: mércores 21:00 h.
Radio Piratona: luns (23h), martes (19h), mércores (02h), venres (11h) e domingos (14h)
Radio Fedello: xoves

02 março, 2017

Programa 77 de Sons Revela2 (24/02/2017)

A pasada tarde-noite do 24 de febreiro do 2017 tivemos a sorte de pdoer entrevistar no estudio de Radio Filispim a dous integrantes do grupo "The Neighbour" e de falar vía telefónicamente con Miguel Tamayo

Dende aquí queremos darlles a tod@s as grazas por esta experiencia.  





Programa 11 de Directo de Esquerdas (01-03-2017)




Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe entrevistamos a Susana Allaniz e Lucia Vizoso da Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial de Mulleres.Com Celso Posada e Jorge Mirancos na Radio Filispim ( Radio Livre e Comunitária de Trasancos) na 93.9 FM todos os mércores de 18:30 a 19:30h.


01 março, 2017

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 213 21.02.2017


DEUDAS PENDIENTES Y OTROS TEMAZOS

Por múltiples razones no siempre tenemos tiempo de pinchar todos los temas que traemos preparados para cada programa. Por ello, a veces, quedan inmerecidamente aparcadas canciones francamente buenas. No las mejores, que para esas siempre hacemos hueco, pero sí algunas casi igual de buenas y que, por cierto, tal vez a ti puedan parecerte incluso mejores. De eso va este programa, de recuperarlas, al tiempo que descubrimos algunos nuevos artistas de tierras lejanas y presumimos de artistas locales que se codean –por su calidad- con cualquiera de los otros. La playlist resultante la componen Damien Jurado, Weather Underground, Steve Gunn, Kevin Morby, Daugther, Hamilton Leithauser (+ Rostam), Terry Lee Hole, Carseat Headrest, Parquet Courts y Radiohead.
Related Posts with Thumbnails