Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

20 setembro, 2014

Divertimento para pequenos monstros - 19/09/2014

Instantánea da concentración en defensa do Ateneo Ferrolán (16/09/2104)
Divertimento para pequenos monstros, a Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM. Edición do 19 de setembro de 2014. Regreso as ondas na nova grella da Filispim. Dúas horas monstrosas de radio...
  • Na primeira hora do programa falamos con Esperanza Vázquez Dopico (http://esperanzavazquezdopicofotografia.blogspot.com.es/) e da mirada da súa cámara e de olas, moitas olas...
  • Cara o meridiano, nova cita coa Axenda cultural que, unha vez máis, elabora Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.
  • Para finalizar demos conta da concentración do pasado martes 16 en apoio ao Ateneo Ferrolan, dentro da campaña Salvemos o Ateneo. Ouvimos algunhas das centos de voces que alí estiveron, sumándose ao berro contra do culturicidio do actual goberno do PP en Ferrol. Ademáis, falamos en directo con Eliseo Fernandez, presidente do Ateneo, quen nos deu conta das últimas novidades tralo xuizo do mércores 17.
Para escoitarnos?: Radio Filispim 93.9FM. Directos, venres, sextas, de 6 a 8 do serán. 
Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, seres radiosupervivintes.
— en Radio Filispim 93.9 Fm.

Concentración en Apoio ao Ateneo Ferrolán, 16/09/2014. Recortes sonoros.


O pasado martes 16 de setembro de 2014, máis de 500 persoas achegáronse a Praza do Concello de Ferrol para APOIAR ao Ateneo Ferrolán, fronte ao acoso do actual goberno do PP en Ferrol, co seu Alcalde, José Manuel Rey Varela como máximo responsábel. O acto serviu para constatar a concienciación da cidadanía, ante a desfeita e mala fé co tecido cultural, por parte de Manuel Reyes-Hurtado, Concelleiro de Cultura. Un auténtico despropósito sen precendentes, canto a xestión cultural e relación coas Asociacións e Colectivos, que pasará a historia por "inesquecíbel", unha auténtica filigrana do enredo.

A presente reportaxe sonora, rexistrada pola equipa de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria,  recolle as opinións de cidadáns e cidadás, comunicados dalgúns dos colectivos e asociacións que participaron no acto, da representante da sección sindical da CNT, do presidente do Ateneo, así coma o Manifesto da asinado polo Ateneo e refrendado por numerosos colectivos.

Recortes sonoros (1). 
- Guillermo, un cidadá. 
- Ismael e Mónica, cidadás.
- Fer, integrante de Fuco Buxán, Colectivo Opai!!-Rádio FilispiM e Ateneo Ferrolán. 


Recortes sonoros (2). 
- Comunicado integrante da Asociación Memoria Histórica Democrática (extracto).
- Comunicado Sección Sindical CNT no Ateneo.
- Eliseo Fernández, presidente do Ateneo Ferrolán. 


Recortes sonoros (3). 
- Manifesto do Ateneo Ferrolán, lido pola integrante da Asociación, Ángeles Seoane.
- Helga, actriz e integrante do Ateneo. Canto de Amor e Liberdade (letra de Nina Simone).

- Voces das persoas asistentes: "Non ao roubo do Ateneo!!!!!".
Recortes sonoros (4). 
- Karloti, Guillermo, José Luis e Manolo, cidadáns. 
- Aina e Gabi, meniñ@s (5 e 6 anos respeitivamente). 
- Gloria e Manola, cidadás maiores. 
- Carmen, cidadá. 


+ info: campaña http://salvemosoateneo.blogspot.com

Redacción informativos Rádio FilispiM.

18 setembro, 2014

O Recuncho nº 198



Mércores, 17 de setembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 198, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Paula Meizoso e Fernando Ribera, directivos do Ateneo Ferrolán.
Na “Sección Poética” : Mª do Carme Kruckenberg
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Zuzana Navarová
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

17 setembro, 2014

Rádio FilispiM inicia nova grella radiofónica, a décima.

Rádio FilispiM cumprirá este curso radiofónico que comeza, 2014/2015, 10 anos facendo rádio libre e comunitaria na comarca.

Rádio FilispiM é a principal actividade do Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación da Información Independente). Unha radio sen ánimo de lucro, autoxestionada, sen patrocinadores, que non emite publicidade, enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na ReGARLIC [Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias] e na ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios].
Rádio FilispiM, cumprirá 10 anos de emisións ininterrompidas en agosto de 2015, sen que os fundamentos da súa activación teñan mudado; 10 anos nos que foron amplificadas as voces de centos de persoas, colectivos e asociacións da nosa comarca.
Aberto o prazo para presentación de novas propostas.

Rádio FilispiM aproveita esta nova grella para visualizar a súa actividade e convidar a todas as persoas a interesarse e participar no proxecto. As persoas, Colectivos ou Asociacións interesadas deberán enviar comunicación ao correo electrónico: filispina@gmail.com. No apartado “Quen Somos?” do noso blog [http://opaii.blogspot.com], atópase o ideario fundacional do Colectivo Opaíí!.

Áulas de técnicas de radiodifusión básicas e Actos do 10 aniversario.

Durante os vindeiros días Rádio FilispiM levará a cabo áulas de formación básica co obxecto de ensinar técnicas de radiodifusión básicas aos futuros responsábeis dos programas. Ademaís, a  Asemblea do Colectivo Opaíí!, comezará a perfilar os Actos para a celebración do 10 aniversario das emisións ininterrompidas da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca, Rádio FilispiM, 93.9 FM.


Ferrol, 9 de setembro de 2014
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM


Informativos de Rádio FilispiM

16 setembro, 2014

Urxente. Campaña de apoio ao Ateneo Ferrolán.


"O Ateneo Ferrolán é unha entidade cultural aberta e plural fundada en Ferrol no ano 1879 que forma parte xa da historia da nosa cidade e do patrimonio cultural galego.

Nesta longa andaina, xa son 135 anos, permaneceu sempre activo traballando a prol da difusión da cultura, da arte e do pensamento na nosa comarca. Únicamente paralizou a súa laboura nos tempos nos que as dictaduras impedíron o seu traballo.


Na actualidade, quen o diría, estamos a atravesar outro momento de dificultade para realizar as nosas actividades. Como nos vellos tempos a algúns parece molestarlles o que facemos e adícanse a poñer atrancos para afundirnos e facernos desaparecer. Para calar a nosa voz. 
Non podemos permitiloPero precisamos do teu apoio..."

+ info en: http://salvemosoateneo.blogspot.com


Cunha de apoio ao Ateneo, elaborada nas Áulas de formación básica da FilispiM:


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 111 2.09.2014




EL PANTIN CLASSIC DE LOS DELFINES

Como dice Jake Bugg en su canción “Seen it all” está todo visto en Pantín…o eso creíamos, pues la llegada y participación de unos delfines en la final femenina marcó un hito nunca visto en las 26 ediciones anteriores. Si alguien de los allí presentes dudaba de la capacidad de los delfines de interactuar con los humanos, sus dudas habrá quedado despejadas para siempre. Por lo demás ese gran happening juvenil cumplió con creces todas las expectativas: olas y más olas –la factoría nunca falla- niebla, sol, lluvia, música, sonrisas, paz, surfistas por todas partes, naturaleza, amigas, amigos…

Dos estrellas marcaron la pauta en lo deportivo, la veterana Silvana Lima y la estrella emergente Leonardo Fioravanti, que dará mucho que hablar en los próximos años. ¿Y la música? La mayoría ya la conocías del programa… allí sonaron a toda potencia, Portugal the Man, Bleached, Pixies, Carrero Bianco, La Femme, Human Beinz, Paul Castelon, Kurt Vile, Vanessa Paridis, Kanaloas y decenas de artistas más, si bien serán probablemente Magic Wands los que con su “Space” quedarán ligados para siempre a nuestra playa.

Y una última reflexión/demanda: como sucede en otros deportes los premios de la competición femenina deben igualarse ya a los de la masculina. Sobran razones, no?

10 setembro, 2014

O Recuncho nº 197


Mércores, 10 de setembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 197 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Eduardo Hermida, “As Meninas de Canido, 2014”
”Salvemos ao Ateneo Ferrolán ”
Na “Sección Poética”: Miguel Labordeta
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: José Antonio Labordeta
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040


Ábretedeorellas conversa con Eliseo Fernández presidente do Ateneo Ferrolán.

O programa de Rádio FilispiM, Ábretedeorellas, adicou, este martes 9 de setembro de 2014, unha edición especial en apoio ao Ateneo Ferrolán. O seu resposábel, Pepe Cunha, falou longo e tendido con Eliseo Fernández, actual presidente da senlleira entidade...


Related Posts with Thumbnails