Programa nº 17.
Luns 21 maio 2018.
Viviana
Fernández, en representación da Asociación Veciñal, informa das actividades
levadas nestes días por esta entidade. Reunión avaliadora das pasadas festas,
reunión da Intrabarrial, próxima apertura do comedor …
Rafa
Aguirrebengoa na sección Outra
información é posible, analiza os problemas demográficos que están a darse
en Galicia. Nun segundo apartado fai un comentario arredor do españolismo
rancio. Informa, por último, dos preparativos que se están a facer en Muíño do
Vento para recuperar do esquecemento a Pedro Guimarey.
Bibí Neira
participou en Vivo ,penso e declaro.
Andando o tempo foi o título do Tema do día.
Participaron Maru Fernández e Tita Martínez, mulleres do barrio de Canido. Despois
de falar do seu percorrido vital, pasaron a facer análise do momento actual. Os
problemas do barrio, da cidade, da sociedade… Pensións, mobilizacións das
mulleres, axudas á dependencia, …
E “haja o que houber, havemos de ir a Viana”.
Despedida con Amalia.