Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

19 fevereiro, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025

Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025. - 

Sumario:

  • Celia Fernández fai un chamamento á participación no ciclo de cultura democrática “Cóntamo ti” coa temática “Defende a galega” que se realizará o próximo venres 21 de febreiro ás 19:30 h. no Centro Cívico de Canido. Esta palestra contará coa presenza dos xornalistas Raquel Lema e Alfonso Hermida.

  • A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática informa do acto institucional de descubrimento da placa de denominación da Avenida do mar Rafael Pillado o próximo venres 21 de febreiro ás 17:30 h.

  • Edu Comochoconto, da Radio Raposeira, envíanos un resumo da rolda de imprensa sobre o julgado das detidas no Burger King o 6 de outubro de 2024 en Compostela, durante a manifestación de apoio a Palestina.

  • Noticias dialogadas con Lupe e Inacio: dialogan sobre a apresentaçom do livro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”. 

  • Inácio Caranza envíanos o audio coa intervención de Pepe Cunha, o voceiro da plataforma “Queremos Galego” lido na ruada en Ferrol do pasado sábado 15 de febreiro.

  • A plataforma “Queremos galego” de Narón convida á ruada pola lingua marcada para o sábado 22 de febreiro ás 17:30 h. na praza da Gándara en Narón.

  • Axenda cultural:

  • A Sociedade Cultural Medulio organiza un espectáculo musical baseado na obra de Rosalía de Castro o vindeiro 22 de febreiro ás 18:00 h. na capela do Torrente Ballester. Música a cargo de Emma López Laudenbach, Nélida Santiago Sánchez e Xoam Padím. Informa Xoam Padím.

  • Joaquin Enriquez promove a terceira edición do certame “O Talentiño 2025”. 

  • Lupe Cés convídanos ao cozido caranceiro o domingo día 2 de marzo. 

  • André PequenoMonstro recomenda a festa de Entroido organizada polo Concello de San Sadurniño o venres 28 de febreiro.

  • No Centro Social Artábria o día 21 de febreiro chega Peter Punk co espectáculo “Con lingua própia”; o día 22 a partir das 13 h. hai festa rachada na sesón vermute do colectivo Pogo de Senhoras. Nesta festa haberá caldo da Glória , a música estará a cargo de Atómica DJ e ainda se fará costumización de camisolas. O domingo 23 iremos todas á manifestación pelo galego en Santiago de Compostela. Informa Silvia Bogo.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

15 fevereiro, 2025

Mudar o rumo do Galego

 Palestra "Mudar o rumo do Galego - Reintegracionismo para a socialização do Galego" a cargo de Adela Figueroa (AGLP) e Marinha Area (AGAL) e orientada por Antía Cortizas, no Centro Social Artábria no dia 14 de fevereiro de 2025.

13 fevereiro, 2025

A Xanela das Fucas Nº 118 ( 13-2-25)

Programa  nº 118-  (13- 2--2025)

A Xanela das Fucas convida  as persoas que ganaron o Hackathon: Diego Pérez (Mallorca, 2006), Irene Rodiles (Santiago de Compostela, 2006), Gabriel Pita (Ferrol, 2000), Clara Ventura (Fene, 2003) e Lydia Fernandez (Ferrol, 2000)  que serán os encargados de facer un  viaxe de 3.000 kilómetros para dar a conocer a web EcoRadar.

Esta web –que non descartan converterse en aplicación– “mapea os locais próximos que che ofrecen produtos de quilómetro 0, fomentando o comercio de barrio”,  pero é que, ademais, “conta cun apartado de receitas que permite coñecer que facer coa froita que está madura ou con alimentos que pensas que xa non serven”. Neste apartado, que ten un forte carácter interactivo, cada usuario da plataforma terá a posibilidade de dar a coñecer os seus mellores pratos para que así, de maneira comunitaria, o goce estea ao alcance de todos. 

Tamen falamos da conmemoración do día  Internacional   da muller e a nena  na ciencia,  recordando que “Todas facemos ciencia”, pàra reflexar a diversidad  da mulleres  que  se dedican a  ciencia en todas as areas da investigación

 Recordamos que o día 13  de  Febreiro dia mundial da radio.

Audios: Radio y Confianza .  Día Mundial de la Radio 2022

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Ana B. López Verez;  Eva Tizon Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    Guadi Galego canta a Xohana Torres – Nai; Por ti,Rosalía  Poema, Dolores Leira Voz  video de Juana Corsina; Na miña pel ( Lucia  Perez).

Related Posts with Thumbnails