Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

11 janeiro, 2019

A Xanela das Fucas nº 17

  Programa nº 17  ( 10-1-2019)

A Xanela   das Fucas  ante os feitos sucedidos nos últimos días dicimos atoparnos e realizar un programa para abordar o sucedido en Andalucía. 
Todas pensamos que esta páxina da historia xa a tiñamos superada , pero escoitamos que a envellecida clase media masculina saíu das cloacas e aparece para lanzar mensaxes de medo apelando á unidade de España e un estado libre de corrupción .

Escoitamos audios de distintas intervencións de representantes de VOX. 
Propoñen un cambio , pero volver ao pasado non é un cambio é retroceder. Volver á familia tradicional é volver á desigualdade dunha muller subordinada dentro do fogar, para que tivese o fogar do obreiro da industrialización , ou do campesiño, suxeitos a unha férrea disciplina nos seus medios laborarles,  se lles recompensába cunha orde de dominio en casa sobre a muller, e cun certo benestar baseado nos coidados gratuitos que estas proporcionaban . 
Realizan unha exhibición da defensa dos touros e a caza como formas de masculinidad e ridiculizan posturas que defenden posturas contrarias.
En moitos momentos envolven o discurso dunha forma que non todos os argumentos poden ser entendidos como reaccionarios sen deconstruirlos pacientemente . Tamén falsean datos, que cando son rebatidos, repiten insistentemente co afán de converter en verdade a base da repetición non da argumentación . 
Malia todo logramos, en varios momentos rirnos e rematar  con esperanza , que se cultiva co esforzo do día a día , en liberdade, como antídoto do medo. 
“A vida non e  fácil para ningún de nós. Pero . ¡ que importa ¡. Debemos perseverar e ter confianza en nós mesmos”.  Marie Curie
 Audios:   Vox en estado puro,  Entrevista a Rocio Monasterio.  
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernandez Bellas,  Ana Belén López Verez,    Como visitante:  Sara Díaz Lamas
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;
Back to Black  (Amy Vinehause) ; Malamente ( Rosalia).  

10 janeiro, 2019

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 288 8.01.2019



DISCOS DESTACADOS DE 2018 (1ª Parte)

Fieles a nuestras buenas costumbres, vamos a dedicar una serie de tres programas a repasar lo acontecido en el escenario musical mundial el pasado año y también a los favoritos de nuestro propio programa en esos doce meses. Empezamos hoy con Jesús Busto y Fran Pérez, en un mano a mano de la calidad acostumbrada. Nunca es fácil hacer la selección, pero sí podemos afirmar que son todos los que están, aunque seguro no estarán todos los que son, por la inevitable limitación del tiempo. Hoy Fran y Jesús seleccionaron temas de Yo La Tengo, Jeff Tweedy,  Neneh Cherry, Leon Bridges, Lump, U.S. Girls, Jess Williamson, Parquet Courts, Dominique A, Baiuca, Loma, y Albert Hammond Jr., una selección fantástica!

04 janeiro, 2019

A Xanela das Fucas nº 16

  Programa nº 16 3-1-2019 


A Xanela   das Fucas  no primeiro programa do  novo ano,   convida  a Belén  Fernández Suarez , quen   nos presentara a última edición da revista Atlánticas. Revista Internacional de Estudos Feministas, onde se  analiza a prostitución como aquela forma de dominación patriarcal dos homes ás mulleres, un mecanismo que posibilita o desexo masculino impóñase mediante unha transacción económica que forma parte do continuum de depreciación das mulleres e de negación e invisibilización da súa subjetividad (sexual) como explica Beatriz Ranea na presentación deste monográfico. Deste xeito, a sociedade e os varóns concretamente consideran ás mulleres como obxectos e non como suxeitos de dereito, onde a prostitución se reformula como un escenario de reconstrución patriarcal para os homes, tanto individual como colectivamente.
Un Estado que normaliza a prostitución como ¿traballo sexual? deixa de actuar en favor da igualdade de oportunidades das mulleres en situación de maior desventaja social porque para estas aparecerá a prostitución como unha alternativa (Gimeno, 2012).
Cando falamos de prostitución temos que facer referencia ao concepto de interseccionalidad porque as mulleres que exercen a prostitución son de diferentes nacionalidades e dunha clase social baixa. Dicimos mulleres porque o 91,31% foron mulleres, o 5,13% transexuais e o 3,56% homes (Ranea, Beatriz, 2018, p. 2) que carecen de dereitos e protección sociais. Deste xeito, na prostitución está presente a feminización da pobreza.
O término interseccionalidad comezou a popularizarse nos ámbitos académico e xurídico a finais dos anos oitenta. Cabo destacar, nese sentido, un artigo de Kimberlé Crenshaw (1989) no que analizou críticamente algunhas decisións xudiciais que, por razóns procesales, negáronse a tomar en consideración unha serie de demandas presentadas desde unha perspectiva conxunta de xénero e de raza.
A revista divídese en cinco artigos, dúas entrevistas, en notas de investigación, tres artigos de temática libre e catro apuntas de libros.
  Belen  deixounos  con  ganas de falar dos outros monográficos o referido a Economía e o que aborda a Educación ….. Tes que  voltar…….

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernandez Bellas,  Ana Belén López Verez,    Como visitante: Ana
Convidada: Belén  Fernández Suarez
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;
 Rebel Girl  de ( Bikini Kill);  Brujas de (Princess Nokia);   Ni una menos  de (Chocolate Remix)



Related Posts with Thumbnails