Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

28 outubro, 2018

Unha tarde no Muiño. Programa nº25

Luns 22 outubro 2018.

Información de Roberto Taboada sobre o desenvolvemento de Destapa Canido. Xornada exitosa coa presenza de artistas que encheron de vida e animación as rúas. Tamén información sobre contactos co Concello que deron como resultado o compromiso da próxima colocación do biombo no espazo dedicado á Radio .

Información do Muíño en Polo correo do Vento.

A sección A nosa Historia foi dedicada a lembrar a figura de Vicente Peña Terrasa. Emotivo recordo do avó feito por Pin Patiño, neta de Vicente. Logo análise histórico feito polos compoñentes de Ferrolterra Antiga.

Chus Prieto, Teatro do Muíño, presentou e entrevistou a Paula Morado.

Rafa Rodríguez en Outro mundo é posible, fai unha defensa da Sanidade pública e presenta as medidas necesarias para a mellora desta Sanidade.

Das wander….

26 outubro, 2018

Ábrete de orellas, programa 253, 22-outubro-2018

Vaia concertazos que temos esta semana na Galiza! En especial dous polo seu prestixio e por tratarse de oportunidades únicas: Jane Birkin o sábado en Pontevedra coa Orquestra Filharmónica desa cidade repasando temas de Serge Gainsbourg e o venres no Multiusos do Sar o proxecto Tribalistas cos grandes nomes da música brasileira Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown.

O resto non merecen ser eclipsados, así que tenta de coordinar a túa axenda si, coma min, amas a música ao vivo.

Coma sempre, a gozar das cancións, veñan do estilo que veñan !



    • Jane Birkin "La Javanaise"
    • Damien Jurado "Allocate"
    • Su Garrido Pombo "As gaivotas"
    • Los Coronas "A tope de amor y lujo"
    • The Limboos "Blue Dream"
    • El Kanka "Por eso canto"
    • Joe Crepúsculo "Quizás"
    • Eladio y los Seres Queridos "Lleva en la sangre el amor"
    • Tangata "El último café"
    • Pablo Vidal Group "Luada en Xiabre"
    • Anxo Lorenzo "A barroca"
    • Tribalistas "Feliz e saudável"
      Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

      Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

      Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

      Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
      Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
      A Kalimera Rádio Livre
      Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
      radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
      Radio Piratona, varios días e horarios
      Radio Fedello os xoves

      e tamén polas radios municipais
      Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
      Radio Negreira, martes ás 14:30 h. 
       e
      PontevedraViva.com os martes ás 21 h.

      Related Posts with Thumbnails